A Xunta apoia a celebración da XV Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto, que nesta edición amplía programa e participación de artesáns

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A cita foi presentada pola secretaria territorial da Xunta en Lugo, quen destacou a implicación de Artesanía de Galicia no evento co obxectivo de poñer en valor estes oficios tradicionais
  • No programa deste ano haberá demostracións en vivo de artesáns galegos, de Ponferrada, Navarra, Alcalá de Henares e de Austria

Lugo, 18 de abril de 2024

O concello de Riotorto será unha vez máis o epicentro da artesanía en ferro, grazas á celebración, este domingo 21, da décimo quinta edición da Feira de Artesanía do Ferro. Ao acto de presentación asistiu esta mañá a secretaria territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Marta Barreiro, en representación da administración que apoia esta cita, a través de Artesanía de Galicia, que aporta 12.000 euros. Xunto a ela estivo o alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, e os artífices do evento, os integrantes da Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, que organizan a feira xunto ao propio Concello.

Foron eles os que no ano 2007 decidiron promocionar este traballo artesanal cun encontro que foi consolidándose ao longo dos anos, e incorporando novas actividades e actos a un amplo programa, no que destacan as demostracións en vivo deste oficio artesanal, que, ao igual que moitos manuais, require de precisión, paciencia e dun laborioso proceso. Para todo iso, desde o primeiro momento, contaron co apoio da Xunta de Galicia, que leva investidos, a través de Artesanía de Galicia, un total de 90.000 euros desde a primeira edición.

En Artesanía de Galicia hai 15 obradoiros rexistrados na actividade de forxa e ferrería, dos cales sete atópanse na provincia de Lugo: tres en Riotorto (MAF, JOMACA e Manuel Pol Veiga), un na Pontenova, un en Cervo, un na Fonsagrada e un en Guntín.

A secretaria territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Marta Barreiro,  destacou "a importancia desta feira para poñer en valor o traballo artesanal, que contribúe a divulgar e promocionar este oficio tradicional e a manter a actividade económica dos ferreiros da comarca. Ademais, esta feira funciona como un espazo para que as novas xeracións atopen referentes do oficio, fomentando o relevo xeracional".

Ademais, tanto ela como o alcalde de Riotorto destacaron que "este ano a feira contará cunha maior representación de artesáns, xa que están programadas demostracións en vivo de ferreiros de toda Galicia, pero tamén de Ponferrada; do Centro de Interpretación de la Forja, Forjas-Brun, de Navarra; da fragua de Mink, de Alcalá de Henares; e dun ferreiro austríaco.

Completan o programa desta décimo quinta edición, demostracións doutros oficios artesanais como cristal tallado, cerámica, cestería, pirogravado, torneado de madeira, espectáculos infantís, charangas e actuacións musicais. Ademais, a feira, contará cunha exposición de produtos do campo.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23667 {"title":"A Xunta apoia a celebración da XV Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto, que nesta edición amplía programa e participación de artesáns","published_date":"2024-04-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887167\/delelugo1.jpeg","id":"23667"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-18/23667-xunta-apoia-celebracion-da-xv-feira-artesania-do-ferro-riotorto-nesta-edicion-amplia-programa-e-participacion-artesans https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.