A Xunta avanza na elaboración do plan director do sector TIC

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Lorenzana convida a Ineo a facer as súas achegas a este plan, que estivo en fase de consulta pública ata o pasado 8 de abril

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da Asociación de Empresas de Tecnoloxía (Ineo), con quen abordou os traballos que a Xunta vén realizando para elaborar o plan director do sector TIC.

Na xuntanza, Lorenzana informou de que este plan estivo en fase de consulta pública no Portal de transparencia e goberno aberto da Xunta desde o pasado 18 de marzo ata o 8 de abril para recoller as achegas da cidadanía e das organizacións e entidades vinculadas a este sector.

O sector TIC foi declarado estratéxico polo Consello da Xunta, xunto coa industria metalmecánica, a automoción, a construción naval, a loxística industrial e o sector forestal-madeira. Isto implica que van dispoñer de cadanseu plan director que recolla medidas e mecanismos para impulsar a súa competitividade e posicionamento no actual contexto de transformación dixital e enerxética.

Na elaboración de cada plan participará o sector privado, representantes dos traballadores e o resto de axentes implicados, polo que Lorenzana convidou a Ineo a facer as súas achegas. Posteriormente, antes da aprobación de cada plan, será necesario o informe do Consello Galego de Economía e Competitividade.

Os plans directores, xunto co Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, son instrumentos da planificación da política industrial da Xunta, aos que se suma a Oficina Económica de Galicia, dependente do Igape, co seu servizo de asesoramento técnico e administrativo para empresas, do cal a conselleira tamén deu conta na reunión.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23655 {"title":"A Xunta avanza na elaboración do plan director do sector TIC","published_date":"2024-04-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887164\/17042024+Lorenzana+Ineo_1.jpg","id":"23655"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-17/23655-xunta-avanza-na-elaboracion-do-plan-director-do-sector-tic https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.