A Xunta apela á colaboración entre administracións e á responsabilidade cidadá para conseguir reducir a mortalidade nas estradas galegas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Menéndez traslada a preocupación ante unha posible relaxación dos usuarios das estradas ante normas básicas de circulación como o uso do cinto de seguridade, así como polos grupos organizados en redes sociais para evitar controis de velocidade, alcohol ou drogas
  • As distraccións ao volante son a primeira causa concorrente nos sinistros por colisión frontal ou frontolateral que causaron no que vai de ano o falecemento de 20 persoas
  • A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas continúa a desenvolver o Plan de seguridade viaria de Galicia con actuacións en todas as frontes

A Coruña, 17 de abril de 2024

A Xunta apelou hoxe á colaboración entre administracións e á responsabilidade cidadá para conseguir reducir a mortalidades nas estradas galegas, que rexistra no que vai de ano un repunte con respecto ao mesmo período de 2023. Así, entre o 1 de xaneiro e o 15 de abril de 2024 faleceron nas estradas de Galicia un total de 35 persoas, fronte ás 23 do mesmo período do pasado ano.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, participou hoxe na Comisión Autonómica de Tráfico e Seguridade da Circulación Viaria, onde trasladou a preocupación do Goberno galego pola evolución dos sinistros.

No encontro, os representantes das diferentes administracións analizaron os datos de sinistralidade nas estradas, que amosa que o número de falecidos en accidentes de tráfico na comunidade autónoma no que vai de 2024 foron 35, o 20% consecuencia de atropelos e o máis do 37% causados por colisión frontal.

Francisco Menéndez expresou a preocupación da Xunta ante unha posible relaxación dos usuarios das estradas ante normas básicas de circulación como o uso do cinto de seguridade, así como polo aumento dos atropelos. Na reunión, ademais, expúxose por parte da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, a problemática dos grupos organizados en redes sociais para evitar controis de velocidade, alcohol ou drogas, o que reduce a eficacia, entre os máis novos especialmente.

Así mesmo, manifestou a inquedanza por constatar que as distraccións ao volante son a primeira causa concorrente nos sinistros por colisión frontal ou frontolateral que causaron no que vai de ano o falecemento de 20 persoas.

Ante esta realidade, a Xunta vén de poñer en marcha unha nova campaña de concienciación en materia de seguridade viaria que, baixo o lema 'Non deixes que a túa vida quede na estrada', pon o foco nas consecuencias das condutas irresponsables ou as imprudencias ao volante.

A nova campaña de concienciación da Xunta forma parte do Plan de Seguridade Viaria 2022-2025 que e está a desenvolver a Xunta co obxectivo de acadar a "visión cero", é dicir, reducir ao mínimo posible as vítimas de accidentes e acadar a meta final de cero vítimas por sinistros nas estradas.

Para acadar estes obxectivos, o director da Axencia Galega de Infraestruturas expuxo as distintas accións que a Xunta ten en marcha, e que abarcan todos os ámbitos que afectan á seguridade viaria.

No que se refire ás intervencións en marcha, a Xunta segue a avanzar no desenvolvemento da Estratexia para a eliminación de tramos de concentración de accidentes existentes na rede de estradas autonómicas: leva mobilizados preto de 15 M€ que permitiron reducir case 50 km de puntos negros nas estradas autonómicas, diminuíndo a accidentalidade en máis dun 60%. Agora está a avanzar na elaboración dunha nova Estratexia de eliminación de treitos de concentración de accidentes baseándose nos identificados no ano 2021.

Impúlsanse, ademais, obras específicas para a eliminación de obstáculos nas estradas que teñen como obxectivo conseguir "estradas que perdoan" os erros que se cometen e dan unha segunda oportunidade de volver á estrada e evitar sinistros. Unha iniciativa que se reforzará nos vindeiros anos a través dunha Estratexia de actuación nos treitos de alto potencial de mellora.

A Xunta segue tamén a apostar por unha mobilidade peonil e ciclista máis segura e sostible, coa construción de novas sendas, tres ter habilitado máis de 300 quilómetros de itinerarios peonís e ciclistas nas estradas autonómicas nos últimos anos, cun investimento que supera os 50 M€, impulsando tamén grandes eixes de mobilidade nas contornas das cidades ao abeiro dos fondos Next Generation.

Ademais, tal e como vén facendo nos últimos anos, a Xunta continuará a traballar para manter os máis de 5.500 km de estradas de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, incrementando nun 8% o investimentos, ata destinar 53 M€ á súa conservación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23649 {"title":"A Xunta apela á colaboración entre administracións e á responsabilidade cidadá para conseguir reducir a mortalidade nas estradas galegas","published_date":"2024-04-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/84084-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23649"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-17/23649-xunta-apela-colaboracion-administracions-e-responsabilidade-cidada-conseguir-reducir-mortalidade-nas-estradas-galegas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.