A Xunta subliña a necesidade de apostar pola sustentabilidade e a integración no territorio no desenvolvemento das redes eléctricas

Imagen del artículo A Xunta subliña a necesidade de apostar pola sustentabilidade e a integración no territorio no desenvolvemento das redes eléctricas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe os traballos de desmontaxe das liñas aéreas de alta tensión entre Narón e a subestación de Santa Mariña en Ferrol, realizados por UFD

Ferrol, 17 de abril de 2024

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe os traballos de desmontaxe das liñas aéreas de alta tensión entre o barrio da Solaina, en Narón, e a subestación de Santa Mariña en Ferrol, realizados por UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy.

O director xeral destacou a importancia de acometer actuacións que melloren a rede de distribución para a poboación,  ao tempo que subliñou que un axeitado desenvolvemento desta rede se debe facer desde criterios de sustentabilidade e integración no entorno. Pablo Fernández Vila incidiu en que resulta esencial investir na rede de transporte e redes de distribución para facer fronte aos novos retos dunha sociedade cada vez máis electrificada, con maiores necesidades de evacuación de enerxía, e que ten que facer fronte a desafíos como o do vehículo eléctrico.

No caso concreto da actuación que hoxe se visitou, sinalou que a mellora pasa pola eliminación dun tramo aéreo e a súa substitución por un tramo subterráneo, o que supón unha menor afección ambiental, especialmente paisaxística.

En concreto, UFD investiu un total de 4,6 millóns de euros para a desmontaxe de nove torres de alta tensión e a eliminación dun dobre tramo de circuíto aéreo de 1.600 metros. Está previsto que os traballos finalicen nas vindeiras semanas. A actuación tamén incluíu a construción dun novo tramo de liña subterránea de alta tensión de 2.600 metros que substitúe á liña desmontada, o cal foi posto en servizo o pasado mes de decembro.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23647 {"title":"A Xunta subliña a necesidade de apostar pola sustentabilidade e a integración no territorio no desenvolvemento das redes eléctricas","published_date":"2024-04-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887164\/20240417FerrolPernatur.JPG","id":"23647"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-17/23647-xunta-sublina-necesidade-apostar-pola-sustentabilidade-e-integracion-territorio-desenvolvemento-das-redes-electricas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.