A Xunta celebra a declaración de Interese Turístico Nacional da Festa da Filloa de Lestedo, coa que Galicia suma 10 festividades con este recoñecemento

Imagen del artículo A Xunta celebra a declaración de Interese Turístico Nacional da Festa da Filloa de Lestedo, coa que Galicia suma 10 festividades con este recoñecemento

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Despois de que Turismo de Galicia informase favorablemente, vén de recibir a resolución da Secretaría de Estado de Turismo que se publicará no BOE

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2024

A Xunta de Galicia vén de recibir a resolución da Secretaría de Estado de Turismo pola que se concede a declaración de Interese Turístico Nacional á Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón. Con este recoñecemento, Galicia suma xa 10 festividades con este recoñecemento.

Turismo de Galicia emitiu un dos informes favorables que forman parte do expediente para a declaración agora conseguida. Valórase, entre outras cuestións que a festividade, declarada en 2008 como desta de interese turístico de Galicia, goza dunha notoria popularidade e conta con importante arraigo e participación cidadá. Ademais, tense en conta que se celebra ao redor dunha manifestación gastronómica durante o Entroido, o que lle confire gran relevancia para a economía e se consolida como atractivo turístico.

A declaración como Festa de Interese Turístico Nacional publicarase proximamente no Boletín Oficial do Estado (BOE). A Festa da Filloa de Lestedo súmase así ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a Romaría de Nosa Señora da Barca (Muxía), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de Verín. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (Vilagarcía de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23624 {"title":"A Xunta celebra a declaración de Interese Turístico Nacional da Festa da Filloa de Lestedo, coa que Galicia suma 10 festividades con este recoñecemento","published_date":"2024-04-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/83815-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23624"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-16/23624-xunta-celebra-declaracion-interese-turistico-nacional-da-festa-da-filloa-lestedo-coa-galicia-suma-10-festividades-reconecemento https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.