O conselleiro de Sanidade reafirma o seu compromiso coa calidade e co coidado dos pacientes no seu acto de presentación no edificio administrativo do Sergas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Antonio Gómez Caamaño recoñece a súa ilusión tras tomar posesión como titular da carteira sanitaria do Goberno galego

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, transmitiu a súa "ilusión" no seu acto de presentación desta mañá no edificio administrativo do Sergas despois de ter tomado posesión como membro do Goberno galego.

"Estarei aberto a escoitar a quen queira aportar no meu compromiso cunha sanidade pública de calidade", trasladou Caamaño ante persoal da Consellería, os xerentes das sete áreas sanitarias do Sergas, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, presidentes de colexios profesionais, o director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e o seu predecesor no cargo, Julio García Comesaña, entre outras autoridades.

"Veño do ámbito asistencial e quero poñer o paciente no centro do sistema. E para coidar os pacientes hai que coidar tamén a quen coida ao paciente", sinalou o conselleiro de Sanidade antes de referirse aos profesionais do Servizo Galego de Saúde.

Por último, Antonio Gómez Caamaño agradeceu o traballo do seu antecesor e  insistiu na motivación coa que toma a responsabilidade da Consellería de Sanidade: "Podemos mellorar. E se podemos, debemos mellorar". 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23615 {"title":"O conselleiro de Sanidade reafirma o seu compromiso coa calidade e co coidado dos pacientes no seu acto de presentación no edificio administrativo do Sergas","published_date":"2024-04-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887161\/20240416+Presentacin+conselleiro+Antonio+Gmez+Caamano+3.jpg","id":"23615"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-16/23615-conselleiro-sanidade-reafirma-seu-compromiso-coa-calidade-e-co-coidado-dos-pacientes-seu-acto-presentacion-edificio-administrativo-do-sergas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.