Rueda anuncia que a Xunta invistirá máis de 1,3 M€ na mellora do equipamento das unidades de reprodución asistida do Sergas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Salienta que isto se enmarca no obxectivo de "ampliar e mellorar" a carteira de servizos para "chegar a máis mulleres"
  • Renóvanse ecógrafos e adquírense tanques de conxelación, un microscopio especial e incubadoras que aumentan as posibilidades de éxito de embarazo
  • A Xunta vai permitir que mulleres con endometriose ou mulleres de 30 a 35 anos sen problemas de fertilidade poidan conxelar óvulos na sanidade pública ou incrementar o acceso á reprodución asistida a mulleres ata 45 anos e a persoas que queiran ter un segundo bebé

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego vai destinar máis de 1,3 millóns de euros "a mellorar o equipamento das tres unidades de reprodución asistida que hai no Sergas: na Coruña, en Vigo e en Santiago de Compostela". 

Estas melloras enmárcanse na aposta do Executivo autonómico por "ampliar e mellorar os servizos" que ofrecen estas unidades para chegar "a máis mulleres". Nesta liña, o presidente lembrou que a Xunta "vai ampliar ata os 45 anos" a idade máxima para poder someterse a un tratamento deste tipo, "eliminará o límite dun único fillo" para poder acceder a estas terapias e "permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa".

Dos máis de 1,3 millóns de euros que se van investir nas unidades de reprodución do Sergas, 559.020 euros destinaranse á renovación de seis ecógrafos que contribúen a mellorar o prognóstico e o seguimento de estudos ecográficos. Pola outra, investiranse 755.645 euros para adquirir tres incubadoras trigás (con concentracións de osíxeno similares ás do útero das mulleres); tres tanques de conxelación; un microscopio invertido con micromanipulación, que permite a observación e tamén microinxectar en embrións ou ovocitos; e incorporar por primeira vez tres incubadoras time-lapse, que contan cunha cámara para evitar extraer os embrións para ser analizados, co conseguinte estrés que sofren, polo tanto, o proceso aumenta as súas probabilidades de éxito. 

A maiores, tal e como explicou o presidente, os orzamentos da Xunta de 2024 reservan 257.730 euros para dotar as tres unidades de reprodución asistida dunha plataforma informática común de traballo con software V-repro e un sistema electrónico de bioseguridade e rastrexabilidade que evita o risco de erros humanos no manexo de material biolóxico.

Grazas a estes investimentos, o Sergas pretende aumentar a capacidade das súas unidades de reprodución asistida que en 2023 realizaron 599 criotransferencias (implantacións de óvulos previamente conxelados), 984 puncións para fecundacións in vitro e 1.318 inseminacións artificiais (sexa entre cónxuxes ou por medio de doador). 

Ademais, en todos os hospitais galegos realízanse estudos básicos de esterilidade e indución da ovulación e nas sete áreas sanitarias lévanse a cabo inseminacións artificiais. 

Ampliación da carteira de servizos

Paralelamente, a Consellería de Sanidade comezou a desenvolver reunións co obxectivo de definir o novo Plan estratéxico de reprodución humana asistida. Así, preténdense definir as necesidades de recursos humanos, equipamentos e instalacións para ampliar a carteira de servizos neste ámbito.

Polo tanto, o Sergas traballa en incrementar ao longo da presente lexislatura a idade para o acceso a técnicas de reprodución humana no sistema público de saúde de Galicia de forma progresiva; na inclusión da posibilidade de ter un segundo bebé por medio de reprodución humana asistida no caso daquelas mulleres con capacidade de xestación e dificultade para quedarse embarazadas, aínda que xa teñan un fillo ou unha filla san; tamén se ampliará a posibilidade de preservar ovocitos a aquelas mulleres con capacidade de xestación con patoloxías non oncolóxicas como endometriose ou outras cirurxías con risco acreditado de perda de fertilidade; ou a mulleres con capacidade de xestación maiores de 30 anos e menores de 35 que desexen atrasar o momento da súa maternidade. Ata o momento, a preservación de ovocitos no Sergas está incluída para mulleres con tratamentos gametotóxicos en tratamentos oncolóxicos. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23604 {"title":"Rueda anuncia que a Xunta invistirá máis de 1,3 M€ na mellora do equipamento das unidades de reprodución asistida do Sergas","published_date":"2024-04-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887158\/240415_rolda_20x.jpg","id":"23604"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-15/23604-rueda-anuncia-xunta-invistira-mais-1-3-m-na-mellora-do-equipamento-das-unidades-reproducion-asistida-do-sergas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.