A Xunta destaca que os viños galegos con Denominación de Orixe lideran en prezos o mercado nacional

  • Un estudo elaborado pola consultora Nielsen confirma que os viños galegos ocupan o primeiro lugar en prezos no mercado español, tanto na canle de hostalaría como na de alimentación
  • O informe indica que o prezo medio na canle de alimentación chegou, en setembro de 2023, ata os 6,63 euros, cun incremento sostido nos dous últimos anos próximo ao 30 %, mentres que o índice medio no eido da alimentación situouse nos 6,78 euros
  • En termos de cota de valor por venda, a cota dos viños galegos gaña 0,7 puntos ata un 9,6 %, afianzándose no terceiro posto no ranking español, só superado polos de Castela e León e La Rioja

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2024

Os viños galegos con denominación de orixe (DO) consolidan a súa posición de liderado en prezos de venda no mercado nacional (tanto na canle de hostalaría como na de alimentación), segundo o último informe elaborado pola consultora Nielsen en colaboración coa Xunta.

 

Este estudo constata que o prezo medio na canle de alimentación chegou, en setembro de 2023, ata os 6,63 euros, cun incremento sostido nos dous últimos anos (dende setembro de 2021) próximo ao 30 %. Ao tempo, na canle de hostalaría o prezo medio situouse nos 6,78 euros, á cabeza de España, e por riba das dúas seguintes comunidades autónomas na clasificación (Castela e León e La Rioja).

 

Ademais, o informe sinala tamén que estes viños seguen ocupando unha boa posición no mercado español en termos de cota de valor por venda. Así, neste eido a cota de Galicia gaña 0,7 puntos ata un 9,6 %, afianzándose no terceiro posto no ranking español, só superado polos de Castela e León e La Rioja. En particular, Rías Baixas mantense no cuarto posto dentro dos primeiros dez postos da clasificación por denominacións de orixe neste terreo, estando só por baixo de La Rioja, Ribera del Duero e Rueda.

 

No que atinxe ao volume total de vendas, Galicia está no quinto posto do ranking, co 6,8 %. Por denominacións de orixe, Rías Baixas segue tendo un bo lugar, manténdose tamén no top 10 nacional.

 

Na canle de hostalaría, a evolución das vendas do viño con DO de Galicia no último ano é, en liñas xerais, moi favorable. Así, en millóns de litros as vendas medraron un 12,4 % neste sector, pasando de 13,7 millóns en setembro de 2022 a 15,4 millóns no mesmo mes de 2023. No que atinxe ao valor económico, en millóns de euros a evolución global foi positiva, pasándose de 191 millóns no 2022 a 215,2 no 2023, o que representa un incremento do 12,7 %. Por canles, na hostalaría o medre foi moi significativo, situándose no 24 %, ao pasarse de 112 a 138,9 millóns, malia que se rexistrou unha lixeira baixada na canle de alimentación.

 

O informe marca como retos de futuro para estes viños galegos amparados por denominación de orixe os de afianzar a súa boa posición na canle de hostalaría, ampliar o seu público obxectivo e recuperar o posicionamento nos lineais de alimentación, entre outras finalidades.

 

Pulo da estratexia do sector vitivinícola

A boa evolución dos viños galegos con DO no mercado español está vinculada ao desenvolvemento da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, coa que a Xunta está reforzando todas as dimensións do sector: económica, territorial, turística, patrimonial e paisaxística.

 

Así, a Estratexia contribúe -mediante a súa aposta pola calidade a pola promoción do produto- a incrementar o valor do viño con denominación de orixe, que se materializa no seu prezo nos mercados.

 

Entre os retos que recolle esta estratexia, destacan o reforzo das sinerxías do sector vitivinícola co turismo e o territorio, de identificar o viño galego coa marca-país, de apostar pola formación e a innovación, de lograr o relevo xeracional no sector vitivinícola e o de impulsar o desenvolvemento sustentable para mitigar os efectos do cambio climático. Para identificalos, traballouse ao longo de case un ano coa implicación de máis de 170 axentes vinculados ao sector.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23587 {"title":"A Xunta destaca que os viños galegos con Denominación de Orixe lideran en prezos o mercado nacional","published_date":"2024-04-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23587"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-13/23587-xunta-destaca-os-vinos-galegos-denominacion-orixe-lideran-prezos-mercado-nacional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.