A segunda e a terceira fase da restauración do Parque do Pasatempo de Betanzos estará adxudicada antes de dous meses, en prazo para garantir a súa execución

  • A Xunta lamenta que o Goberno de España sembre dúbidas sobre a continuidade do proxecto e recorda que se están a cumprir escrupulosamente os prazos
  • Lembra que a cuarta e última fase que permitirá rematar por completo a obra corre a cargo do Concello de Betanzos e que aínda non presentou o seu proxecto
  • Tras quedar desertas dúas licitacións, Turismo de Galicia abriu de xeito inmediato un proceso de negociado sen publicidade que está en fase de licitación

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024

A segunda e a terceira fase da restauración do Parque do Pasatempo de Betanzos estará adxudicada antes de dous meses no marco dos prazos estipulados para garantir a súa execución.

A Xunta de Galicia lamenta que o Goberno de España sembre dúbidas da continuidade do proxecto de restauración do Parque do Pasatempo de Betanzos, enmarcada no Plan Xacobeo Next Generation deseñado pola Xunta de Galicia con fondos europeos para a rehabilitación e mellora de 12 Bens de Interese Cultural de titularidade pública  vencellados ao Camiño de Santiago. Turismo de Galicia -de quen dependen estas dúas fases das obras- está a cumprir de xeito escrupuloso todos os prazos e, tras quedar deserto en dúas convocatorias, abriu inmediatamente un procedemento de negociado sen publicidade que está nestes momentos en fase de licitación.

As actuacións son a segunda e a terceira fase das obras e estrutúranse en dous lotes. Por unha banda, no primeiro dos lotes, realizarase a restauración da parte norte da primeira terraza, centrándose no chamado Estanque da Gruta, a Gruta da Recoleta para salvaguardar a súa unidade estilística. Tamén se recuperarán elementos escultóricos e arquitectónicos moi notables, que presentan nalgúns casos un estado semirruinoso e se actuará na Fonte das Catro Estacións.

No segundo lote, as actuacións inclúen restauración do circuito hidráulico e tratamento dos bordes do estanque do Retiro. O proxecto comprende incorporar as varandas de ferro fundido como unha parte do sistema hidráulico que permita con posterioridade e cando todo o sistema hidráulico do parque estea en funcionamento, que estas pilastras poidan funcionar como fontes.

Plan Xacobeo Next Generation

O proxecto de restauración do Parque do Pasatempo conta cun investimento global de 1,5M€ e están en proceso de licitación dúas das súas fases e resta aínda a cuarta e última fase que corre a cargo do Concello de Betanzos e aínda non presentou o proxecto. Esta iniciativa enmárcase nas distintas accións que a Xunta de Galicia está facendo realidade cos fondos europeos que foron asignados á Comunidade galega co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. En concreto, forma parte do Plan Xacobeo Next Generation. Inclúe, entre outras accións, a posta en marcha de distintas liñas de axuda, a sinalización da rede cicloturística Eurovelo ou a rehabilitación de 12 BIC do Camiño de Santiago, entre os que se encontra o Parque do Pasatempo.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23572 {"title":"A segunda e a terceira fase da restauración do Parque do Pasatempo de Betanzos estará adxudicada antes de dous meses, en prazo para garantir a súa execución","published_date":"2024-04-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23572"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-12/23572-segunda-e-terceira-fase-da-restauracion-do-parque-do-pasatempo-betanzos-estara-adxudicada-dous-meses-prazo-garantir-sua-execucion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.