A Xunta concede axudas a 27 concellos para realizar auditorías nas redes municipais de abastecemento

  • O número de concellos beneficiarios podería incrementarse, xa que algúns solicitantes están completando o traslado da documentación necesaria a Augas de Galicia
  • O obxectivo destes incentivos é que os municipios poidan auditar as redes de abastecemento, atallar as perdas e lograr que estas non superen o 20% de media
  • Estas axudas, que se convocan por segunda vez, subvencionan o 80% do gasto e oscilan, desde un máximo de 6.000 € para municipios de ata 2.000 habitantes, a un máximo de 10.000 € para os de máis de 10.000 e ata 50.000 habitantes
  • A orde de subvencións prima os concellos máis pequenos, que son os que teñen menos recursos e nos que as perdas de auga en rede poden acadar o 60%

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024

A Xunta, a través de Augas de Galicia, vén de conceder axudas a 27 concellos para realizar auditorías nas redes municipais de abastecemento.

O Goberno galego destina a estas subvencións un orzamento total de 200.000€. 

De xeito máis concreto, na provincia da Coruña, beneficiaranse destes incentivos os concellos de Cabana de Bergantiños, Mañón, Laxe, A Laracha, Neda, Oroso, Padrón, Teo, Ribeira e Corcubión; na provincia de Lugo recibirán estas axudas os municipios de Meira, Ribadeo, Paradela, Friol, Viveiro, Rábade, Castro de Rei, O Vicedo e Ribas de Sil; na de Ourense, os concellos do Irixo, A Pobra de Trives, Ribadavia, Coles, Maceda; e na de Pontevedra, os municipios de Fornelos de Montes, Pontecesures e Campo Lameiro.

Cabe sinalar que o número de beneficiarios podería incrementarse, pois algúns municipios solicitantes aínda están completando o traslado da documentación necesaria a Augas de Galicia.

O obxectivo destes incentivos é que os municipios poidan realizar auditorías nas redes de abastecemento para diagnosticar e atallar as perdas de auga en rede e lograr que non se superen o 20% de media. 

Estas axudas, que se convocan por segunda vez, teñen como fin a elaboración de auditorías nos sistemas de abastecemento municipal en alta e de subministración en baixa, para identificar eivas e poder dar solución ás perdas de auga, que acadan o 45% de media. 

O orzamento desta orde distribúese en función da poboación dos concellos solicitantes, primando os máis pequenos, que son os que teñen menos recursos e nos que as perdas de auga en rede poden chegar ao 60%.

Neste sentido, o 30% do importe dos incentivos destínase a concellos de ata 2.000 habitantes; o 25% a concellos de máis de 2.000 e ata 5.000 habitantes; o 20% a concellos de máis de 5.000 e ata 10.000; o 15% a concellos de máis de 10.000 e ata 20.000; e o 10% a concellos de máis de 20.000 e ata 50.000.

As axudas subvencionan o 80% do gasto, con máximos segundo a poboación dos concellos: oscilan desde un máximo de 6.000 € para os municipios de ata 2.000 habitantes; ao máximo de 10.000€ para os de máis de 10.000 e ata 50.000 habitantes.

A Xunta, a pesar de que o abastecemento e o saneamento son competencias municipais, continúa prestando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan exercer estas responsabilidades de forma eficiente e proporcionar servizos de calidade aos cidadáns.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23568 galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-12/23568-xunta-concede-axudas-27-concellos-realizar-auditorias-nas-redes-municipais-abastecemento https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.