A Xunta impulsa en Madrid a divulgación da cestería e da marca Artesanía de Galicia

Imagen del artículo A Xunta impulsa en Madrid a divulgación da cestería e da marca Artesanía de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A través da Fundación Artesanía de Galicia, apóianse tres cursos de 'Cestería con cables de cores' impartidos pola cesteira Belén Martínez, de Casa Atlântica, entre o sábado e o domingo no espazo Cocol Madrid

Madrid, 12 de abril de 2024

A Xunta continua coa súa aposta pola divulgación da Artesanía de Galicia dentro e fóra da Comunidade, a través de diferentes iniciativas para achegarlle as técnicas e os oficios artesanais á sociedade. Neste sentido, apoia a organización esta fin de semana de tres cursos dedicados á cestería con cables de cores, impartidos pola cesteira Belén Martínez, do obradoiro Casa Atlântica (Redondela), na tenda Cocol Madrid (Costanilla de San Andrés, 18).

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitará mañá esta iniciativa, na que a artesá rescata técnicas artesanais de cestería para decorar un garrafón utilizando coloridos cables de cores.  Os 32 participantes trenzarán a peza desde cero, aprendendo sobre os materiais e ferramentas que precisan e como preparalos, así como a crear  patróns únicos, diferentes técnicas de trenzado e as posibilidades que estas ofrecen.

Cocol Madrid é unhas das tendas de referencia en Madrid de comercialización de artesanía española que aposta polo apoio aos oficios tradicionais. Na actualidade, comercializa pezas da marca Artesanía de Galicia dos obradoiros Alfarería Rulo (Buño, Malpica de Bergantiños), coitelos de Celso Ferreiro (A Fonsagrada), tecidos de Pal.lium (Cangas), cestería de La Parabólica (O Porriño), pezas de madeira torneada de Aitor. (Tomiño), produtos de marroquinería de Jatafarta (Santiago de Compostela), e pezas de madeira de Carballo Estrela (Pontevedra).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23563 {"title":"A Xunta impulsa en Madrid a divulgación da cestería e da marca Artesanía de Galicia","published_date":"2024-04-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887134\/curso_cesteria.jpg","id":"23563"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-12/23563-xunta-impulsa-madrid-divulgacion-da-cesteria-e-da-marca-artesania-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.