Cetmar mostra a importancia da observación mariña e a problemática do ruido no mar a mais de 650 estudantes pontevedreses

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Técnicos da Unidade de Tecnoloxías Mariñas impartiron no último mes 25 charlas para alumnado de 3 a 17 anos en 9 centros educativos
  • O ciclo denominado Os sons do noso mar pechouse hoxe coa visita do CEIP Carlos Casares de Nigrán á sede do Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo
  • A actividade, organizada no marco do Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia, serviu ademais para conmemorar o Día da Muller e da Nena na Ciencia

Vigo, 11 de abril de 2024

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar recibiu hoxe na súa sede en Vigo cerca de 40 escolares de Primaria do CEIP Carlos Casares de Nigrán, unha visita enmarcada dentro do ciclo de charlas sobre a importancia de observación mariña e sobre os efectos do ruído neste medio acuático que viñan impartindo técnicos da Unidade de Tecnoloxías Mariñas (Utmar) en diferentes colexios e institutos da provincia de Pontevedra.

Os estudantes de 1º e 2º de Educación Primaria foron recibidos polo persoal da Utmar, que na súa benvida a escolares e profesores resaltaron a importancia da difusión da labor de servizos como o Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia entre o alumnado galego.

Sobre os traballos e medicións que realiza o devandito Observatorio e sobre a importancia da observación mariña versou a primeira parte da charla impartida aos escolares de Nigrán, ao igual que sucedera nos outros 8 centros onde se desenvolveu este ciclo denominado Os sons do mar, que se iniciaba a mediados de febreiro no IES Mendiño de Redondela.

Técnicos da Unidade de Tecnoloxías Mariñas de Cetmar foron os encargados de impartir a charla informativa ao alumnado, que puido aprender ademais sobre o ruído mariño, as súas características e a súa problemática no medio mariño.

A través de sendas dinámicas, os escolares puideron plasmar por escrito ou en debuxos os seus coñecementos sobre o que se pode observar e medir no mar, ademais de identificar ruídos mariños en gravacións propias do observatorio ou tomadas de repositorios abertos nun xogo que puxo fin a actividade.

Coa visita do CEIP Carlos Casares de Nigrán, a Utmar pecha o ciclo de charlas sobre Os sons do mar que, impartidas en tódolos casos por traballadoras de Cetmar, serviron ademais para conmemorar o Día da Muller e da Nena na Ciencia 2023.

En total impartíronse 25 charlas en 9 centros educativos da provincia de Pontevedra, 2 en institutos de Educación Secundaria (Mendiño de Redondela e A Basella de Vilanova de Arousa) e 7 en centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP da Cruz-Camos e CEIP Carlos Casares de Nigrán, A Sangriña de A Guarda, Torre Cela de Bueu, Rosalía Castro e Monterrei de Vigo e O Hío de Cangas). O programa alcanzou a un total de 650 alumnos, desde os 3 ata os 17 anos, e ao seu equipo de docentes.

Tamén dentro das súas actividades de difusión e cultura oceánica, Cetmar estivo hoxe no CEIP Humberto Juanes de Nigrán impartindo un taller interactivo para coñecer a Ría de Vigo e axudar a mantela limpa. Un total de 70 estudantes de 9 a 11 anos deste centro pontevedrés e da St Johns RC School de Manchester, coa que están a manter un intercambio, participaron xunto aos seus profesores nos talleres, impartidos por técnicos da área de Formación do Centro Tecnolóxico do Mar.

Observatorio Costeiro

O Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia, en cuxo marco desenvolveuse o programa de charlas clausurado hoxe, ven prestando servizos de monitorización e predición do estado da mar desde fai 15 anos. A integración de sistemas de observación, predicións e servizos para facilitar o acceso e interpretación da información meteorolóxica e oceanográfica son  os eixes centrais deste servizo, focalizado en dar soporte aos sectores da economía azul.  

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño-Intecmar e a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Meteogalicia manteñen o Observatorio en virtude dun convenio entre as consellerías do Mar e Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23555 {"title":"Cetmar mostra a importancia da observación mariña e a problemática do ruido no mar a mais de 650 estudantes pontevedreses","published_date":"2024-04-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887131\/20240411+Visita+coles+CETMAR+2.jpg","id":"23555"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-11/23555-cetmar-mostra-importancia-da-observacion-marina-e-problematica-do-ruido-mar-mais-650-estudantes-pontevedreses https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.