A Xunta facilita a creación dun aparcadoiro de camións no polígono de San Cibrao das Viñas coa súa declaración como proxecto empresarial singular

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ángeles Vázquez explica que este procedemento permitirá adxudicar a parcela na que se localizará de forma directa e en compravenda
  • Incide en que ao prezo de venda se lle aplicou un desconto do 50 %, ao abeiro da política de bonificacións e incentivos á compra de solo empresarial na Comunidade, posta en marcha polo Goberno galego no ano 2015
  •  

San Cibrao das Viñas (Ourense), 10 de abril de 2024

A Xunta de Galicia declarou proxecto empresarial singular a construción dun aparcadoiro de camións no Centro de Transportes e Terminal Intermodal de San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense.

 

Segundo dixo hoxe a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, esta declaración permitirá adxudicar a parcela A2, de máis de 11.200 metros cadrados de superficie, á Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas de forma directa e en compravenda.

 

Neste senso, Ángeles Vázquez incidiu en que ao prezo de venda -máis de 235.000 euros- se lle aplicou un desconto do 50 %, ao abeiro da política de bonificacións e incentivos á compra de solo empresarial en Galicia, posta en marcha pola Xunta no ano 2015 e que deu como resultado a adxudicación de máis de 3,1 millóns de metros cadrados nos parques da súa propiedade.

 

O proxecto, promovido co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense, prevé habilitar 59 prazas de aparcadoiro para camións e dous inmobles separados -para homes e mulleres- con vestiarios e zonas de descanso diferenciadas, controis de acceso e videovixilancia para fomentar un servizo no que prime a seguridade e con perspectiva de xénero, para facilitar o traballo feminino no sector do transporte.

 

De feito, segundo puxo en valor a vicepresidenta segunda en funcións, será o primeiro aparcadoiro de mercadorías con estas características de España, converténdose nunha Área de Estacionamento Segura e Protexida (AESP) da rede galega de aparcadoiros seguros para o sector do transporte de mercadorías promovido pola Xunta de Galicia.

 

Nesa liña, Ángeles Vázquez subliñou que San Cibrao das Viñas é o polo industrial máis importante da provincia de Ourense e o máis antigo de Galicia, contando con máis de 320 empresas instaladas e máis de 8.000 persoas traballadoras, polo que constitúe un espazo idóneo para probar e testar o funcionamento das AESP deseñadas con enfoque e perspectiva de xénero.

 

A maiores, Ángeles Vázquez avanzou que xa se recibiu o informe da Axencia Galega de Infraestruturas sobre a modificación do plan parcial do parque empresarial de San Cibrao das Viñas, o que posibilitará a súa aprobación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23534 {"title":"A Xunta facilita a creación dun aparcadoiro de camións no polígono de San Cibrao das Viñas coa súa declaración como proxecto empresarial singular","published_date":"2024-04-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887128\/240410+AVM+SAN+CIBRAO+1.JPG","id":"23534"} galicia Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-10/23534-xunta-facilita-creacion-dun-aparcadoiro-camions-poligono-san-cibrao-das-vinas-coa-sua-declaracion-como-proxecto-empresarial-singular https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.