A Xunta destaca o potencial de crecemento da empresa Alén Space, nacida ao abeiro do programa Ignicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora da Axencia Galega de Innovación visitou en Nigrán a compañía que está a participar no proxecto Sateliot e nunha misión da Axencia Espacial Europea
  • O programa Ignicia apoiou 32 proxectos, a creación de 10 spin-offs, que permitiron a creación de 129 empregos, e a captación de preto de 20 M€ en investimento público-privado, ademais doutras actuacións de valorización do coñecemento

Nigrán (Pontevedra), 10 de abril de 2024

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou esta mañá as instalacións da spinoff Alén Space, nacida co apoio do programa Ignicia da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié, e dedicada á fabricación de pequenos satélites e servizos para o desenvolvemento de misións completas con CubeSats. O obxectivo da visita, durante a cal percorreron os distintos laboratorios cos que conta a compañía, era coñecer de primeira man os últimos avances e perspectivas de crecemento da empresa.

A compañía ultima nas súas instalacións de Nigrán a posta a punto dos catro pequenos satélites de última xeración que formarán parte da primeira fase da constelación de Sateliot. Esta será a primeira constelación comercial de satélites de órbita terrestre baixa (LEO) baseada en tecnoloxía 5G para Internet das Cousas (IoT).

Este proxecto, que executou o deseño e fabricación de catro satélites de maneira simultánea, representa un fito para esta compañía que naceu como spinoff da Universidade de Vigo ao amparo do programa Ignicia. A posta en órbita dos satélites está prevista para este verán e realizarase a bordo dun foguete de SpaceX desde a Base da Forza Espacial de Vandenberg, situada en California (Estados Unidos).

O obxectivo deste proxecto de Sateliot é dotar de conectividade global e continua a todos os elementos que compoñerán o universo do IoT baixo o protocolo 5G, entre eles, as compañías de telecomunicacións, xa que proporciona a infraestrutura necesaria para estender a súa cobertura onde as redes terrestres non alcanzan. O lanzamento destes catro CubeSats conforma a primeira fase do ambicioso proxecto de Sateliot, que planea contar con 108 satélites en órbita nun prazo de catro anos.

Outro dos proxectos innovadores nos que participará a empresa de Nigrán é a misión LEO-PNT da Axencia Espacial Europea (ESA). Alén Space será un dos socios principais do consorcio de empresas que deseñarán e despregarán este proxecto, liderado pola multinacional tecnolóxica GMV, á que pertence a empresa galega desde mediados do pasado ano.

O obxectivo desta misión é desenvolver tecnoloxías clave e demostrar os beneficios que supoñen os satélites de órbita terrestre baixa (LEO) en servizos de posicionamento, navegación e sincronización (PNT). A misión LEO-PNT inclúe o desenvolvemento e lanzamento dunha constelación formada por cinco satélites.

O programa Ignicia

O Programa Ignicia é unha iniciativa singular e pioneira en España, que contribúe desde 2016 á transformación do modelo económico en Galicia, como mostran as súas cifras de balance. Destaca o apoio do programa a 32 proxectos, a chegada ao mercado de 13 deles (10 spin-offs creadas e 3 acordos coa industria), a creación de 129 empregos polas spinoffs creadas ou a captación de preto de 20 millóns de euros en investimentos e financiamento público-privado.

Ademais, actualmente hai uns 200 profesionais formados en transferencia de coñecemento en Galicia a través do Programa Ignicia por medio de ciclos formativos específicos, ademais de facilitarlles asesoramento para a solicitude do certificado RTTP (Registered Technology Transfer Professional), o estándar internacional que acredita a competencia e experiencia dos profesionais da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Galicia é a comunidade con máis profesionais de xestión de transferencia que contan coa acreditación RTTP, sumando actualmente unha vintena.

Ignicia é un programa que actúa de xeito integral na valorización do coñecemento, abordando o financiamento e tamén outros aspectos como a formación e profesionalización de persoas investigadoras e xestoras de transferencia, o fortalecemento das estruturas dedicadas a esta labor, a promoción e visibilización das capacidades e a monitorización de indicadores e resultados. Neste sentido, actualmente estase a traballar en varias actuacións que cobren toda a cadea de valor do laboratorio ao mercado, como mecanismos de financiamento que atendan as necesidades de transferencia en etapas máis iniciais, experiencias de compartición de servizos entre diferentes axentes, o deseño dunha oficina de transferencia de coñecemento de Galicia que poida valorizar proxectos de todo o ecosistema de innovación, un plan de viabilidade para a creación dunha oficina de transferencia especializada en materiais e proximamente presentarase a nova metodoloxía de identificación e valorización de patentes, entre outras.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23529 {"title":"A Xunta destaca o potencial de crecemento da empresa Alén Space, nacida ao abeiro do programa Ignicia","published_date":"2024-04-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887128\/20240410GainAlenSpace1.jpg","id":"23529"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-10/23529-xunta-destaca-potencial-crecemento-da-empresa-alen-space-nacida-ao-abeiro-do-programa-ignicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.