A Xunta asina co concello de Ares o convenio de colaboración para acometer as obras de emerxencia no saneamento municipal por importe de 1,15 M€

  • A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o alcalde de Ares, Julio Iglesias, firmaron hoxe este acordo de xeito telemático
  • O obxectivo é prestar apoio técnico e económico ao Concello para resolver a situación xerada pola rotura do colector municipal que atravesa a praia do núcleo urbano
  • A Xunta financiará o 80% dos traballos, cunha achega de 920.000 €, e a entidade local asume o financiamento restante e encárgase da súa execución
  • O Goberno galego dá así resposta á solicitude do Concello de Ares e contribúe a evitar o risco para a poboación nas zonas de baño e para o medio ambiente

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024

A Xunta vén de asinar co Concello de Ares o convenio de colaboración para executar as actuacións extraordinarias para garantir o servizo de saneamento municipal, que suporán un investimento de 1,15 M€.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o alcalde de Ares, Julio Iglesias, firmaron hoxe este acordo de xeito telemático.

O obxectivo é prestarlle apoio técnico e financeiro ao Concello para resolver a situación derivada da rotura, o pasado 22 de febreiro, do colector do sistema municipal de saneamento que atravesa a praia do núcleo urbano.

O Goberno galego financiará nun 80% as actuacións, coa achega de 920.000 euros, asesorando e prestando o seu apoio técnico na execución das obras.

O Concello de Ares, pola súa banda, asume o 20% restante do custo das intervencións, así como a declaración das obras como emerxencia, procedendo tamén á súa execución e posterior mantemento.

Actuacións

O saneamento do núcleo de Ares está formado por unha rede de sumidoiros por gravidade que verte nun colector común que discorre lonxitudinalmente paralelo á liña de costa e que leva a auga residual ata o bombeo de Ares, desde onde se impulsa sucesivas veces ata chegar á estación depuradora de augas residuais situada en Punta Avarenta.

O  22 de febreiro produciuse unha rotura no tramo inicial do colector que discorre paralelo á praia, o que deu lugar a unha vertedura directa de augas residuais ao mar e a entrada de auga de mar e area cara ao citado colector.

A Xunta, tras coñecer estas deficiencias no funcionamento do colector, púxose en contacto de xeito inmediato co Concello para ofrecerlle apoio e colaboración de cara a resolver este problema.

Co fin de minimizar o impacto ambiental da vertedura realizáronse actuacións provisionais de contención da emerxencia, dada a complexidade da reparación e á espera de realizar un estudo técnico sobre a solución para restablecer o funcionamento do colector.

Unha vez emitido o informe técnico xustificativo da necesidade de levar a cabo intervencións extraordinarias para a reparación do colector e co obxectivo de eliminar o vertido incontrolado de augas residuais sen tratar ao mar, a entidade local declarou o 14 de marzo a emerxencia das actuacións extraordinarias para garantir o saneamento, ordenando a execución inmediata das obras e subministro para asegurar o funcionamento da rede municipal.

Cómpre lembrar que nos últimos anos, a Xunta levou a cabo actuacións para a mellora do saneamento municipal de Ares por un importe global de 30 M€, incluíndo a execución do citado colector, que foi entregado ao Concello no ano 2014, para a súa conservación e mantemento.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23499 {"title":"A Xunta asina co concello de Ares o convenio de colaboración para acometer as obras de emerxencia no saneamento municipal por importe de 1,15 M€","published_date":"2024-04-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23499"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-09/23499-xunta-asina-co-concello-ares-convenio-colaboracion-acometer-as-obras-emerxencia-saneamento-municipal-importe-1-15-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.