A Xunta presenta a campaña de verán para o ano 2024 cun novo récord de prazas: máis de 11.500

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Son 300 prazas máis que na pasada edición, cando xa se bateran todos os récords
  • Desde hoxe mesmo pódese consultar toda a oferta de campamentos na páxina web de http://xuventude.xunta.es
  • O prazo para solicitar praza abrirá o vindeiro 17 de abril, logo da súa publicación no DOG, e permanecerá aberto ata o día 30
  • Inclúense varias novidades como catro novos campamentos, seis novos campos de voluntariado e un novo programa de ocio alternativo para mozos de entre 18 e 30 anos

Bergondo (A Coruña), 8 de abril de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, presentou esta mañá a programación da campaña de verán para este ano 2024 que contará cun novo récord de prazas: serán máis de 11.500, 300 máis que na pasada edición. Ademais, contará con novas instalacións e actividades que lle permitirá á xuventude vivir 'O teu mellor verán', tal e como recolle o lema deste ano. 

Entre as novidades destacan catro novos campamentos: en Boiro, de índole artístico; no Monte do Gozo (Santiago), que terá como temática a música; no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá; e tamén un novo campamento en Allariz, no Centro de Formación Valverde. Incluirase tamén unha convocatoria específica para persoas con discapacidade que volverá a contar con 250 prazas. 

Con respecto aos campos de voluntariado, crearanse seis novos: cinco de carácter nacional: Aranga (A Coruña), Samos (Lugo), Ribadavia (Ourense), Poio (Pontevedra) e en Ponteareas (Pontevedra); e outro de carácter internacional, na Merca (Ourense). Tamén se repetirá o campo de voluntariado específico para persoas galegas no exterior no Castro de Viladonga (Castro de Rei). 

Novo programa de ocio alternativo

Ademais, impulsarase un novo programa de ocio alternativo, dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos en cinco instalacións de toda Galicia de xoves a domingo. Terá lugar nos albergues xuvenís de Allariz, Cabana de Bergantiños e A Devesa (Ribadeo), así como no complexo Cemar de Mondariz ou no albergue montañas de Trevinca (A Veiga). 

Esta oferta compleméntase cos minicampamentos 'Coñece Galicia' cuxa oferta se dará a coñecer máis adiante; e cos intercambios con outras comunidades autónomas. Neste respecto, á oferta tradicional sumaranse novos campamentos en Estremadura e en Castela a Mancha, con temática teatral e que terá lugar no albergue de San Servando, en Toledo. 

Apertura de prazo

O Diario Oficial de Galicia publicará a oferta de campamentos o vindeiro 16 de abril. A partir do día seguinte —do mércores 17— e ata o 30 de abril, permanecerá aberto o prazo para solicitar praza. Os campamentos deberán solicitarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mentres que os campos de voluntariado faranse a través dun formulario na páxina web de Xuventude. 

A oferta con todos os campamentos de verán dispoñibles poderase consultar desde hoxe mesmo na páxina web de Xuventude. Deste xeito, as familias e os rapaces poden planificar as súas datas e destinos favoritos. 

Apertura da piscina en Marina Española

Fabiola García presentou esta nova oferta no albergue xuvenil Marina Española, unha das instalacións máis demandadas e con máis historia que tamén contará este ano cunha novidade moi agardada. Logo de doce anos pechada, os mozos que acudan a este campamento poderán volver desfrutar da súa emblemática piscina. O Goberno galego destinou as obras de mellora un orzamento de 370.000 euros. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23490 {"title":"A Xunta presenta a campaña de verán para o ano 2024 cun novo récord de prazas: máis de 11.500","published_date":"2024-04-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/775501\/20240408_fabiola_campamentos_005.jpg","id":"23490"} galicia C. de Política Social e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-08/23490-xunta-presenta-campana-veran-ano-2024-cun-novo-record-prazas-mais-11-500 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.