A Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas define o seu plan de actuación para os próximos meses coa implicación de todas as organizacións

Imagen del artículo A Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas define o seu plan de actuación para os próximos meses coa implicación de todas as organizacións

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O seu máximo órgano de goberno reuniuse en Santiago de Compostela para acordar as accións a priorizar ao longo de 2024

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2024

O pleno da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, unha rede de colaboración entre a Administración, os centros tecnolóxicos e de investigación, as universidades e o sector empresarial para sumar esforzos e avanzar no liderado de Galicia en tecnoloxías cuánticas, reuniuse recentemente en Santiago de Compostela para definir o seu plan de actuación para os próximos meses.

Entre as actividades priorizadas para o período 2024-2025 atópase a creación de varios comités executivos, que teñen encomendada a consecución de obxectivos concretos e accións estratéxicas que posicionen a Galicia no medio e longo prazo, cun enfoque de xeración de impacto nas empresas; a elaboración dun mapa de capacidades e da cadea de valor das tecnoloxías cuánticas na Comunidade e a celebración de varios encontros. 

En maio prevese a organización dun evento que facilite a interacción, colaboración e o intercambio de coñecementos entre tecnólogos e investigadores de Galicia no ámbito das tecnoloxías cuánticas para impulsar o establecemento de relacións sólidas e colaborativas entre os axentes identificados e promover proxectos colaborativos que redunden no avance e a innovación no campo das tecnoloxías cuánticas. En setembro terá lugar tamén unha xornada orientada especificamente aos líderes tecnolóxicos do tecido empresarial galego, para axudarlles a introducirse nos posibles usos destas tecnoloxías. 

Así mesmo, deuse conta de distintas actividades que se van desenvolver no marco desta Rede, como a celebración dun evento anual de referencia en tecnoloxías cuánticas en Galicia, organizado por Fujistsu e a Xunta de Galicia o 9 e o 10 de outubro; ou accións de divulgación entre o público xeral, entre as que destacan a celebración do World Quantum Day o vindeiro 14 de abril organizado polo Cesga e o IGFAE (USC); ou un ciclo de cine, que se inicia coa proxección de "O ollo e a máquina", organizado polo Cesga no CGAC durante este mes de abril (5, 11, 12, 18 e 19 de abril 2024). 

Por último, tratouse o posible deseño dunha convocatoria de proba de concepto en tecnoloxías cuánticas, a celebración dun hackaton ou a posible creación dun Observatorio de Tecnoloxías Cuánticas no 2025 para seguir de preto o desenvolvemento e a evolución destas tecnoloxías.

A Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas integra á Xunta, a través das consellerías de Economía, Industria e Innovación, Sanidade e Facenda e Administración Pública; ás tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG); ao Cesga; ao Clúster TIC, aos Hubs de Innovación Dixital DIHGIGAL e DATAlife; ao centro tecnolóxico Gradiant; ao Fujitsu International Quantum Center e ao Centro de Tecnoloxías Fotónicas (Aephos).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23478 {"title":"A Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas define o seu plan de actuación para os próximos meses coa implicación de todas as organizacións","published_date":"2024-04-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/775501\/20240408RedeCuantica.jpg","id":"23478"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-08/23478-rede-galega-tecnoloxias-cuanticas-define-seu-plan-actuacion-os-proximos-meses-coa-implicacion-as-organizacions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.