O programa Primavera Xove da Xunta ofrece ocio educativo para a mocidade e unha alternativa de conciliación ás familias

  • A iniciativa desenvolveuse entre os meses de marzo e abril en seis instalacións xuvenís e ofrecéronse 600 prazas para xente moza entre os 14 e os 30 anos  

Forcarei (Pontevedra), 7 de abril de 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe ao grupo de mozos que participa do programa Primavera Xove esta pasada Semana Santa no campamento xuvenil de Pontemaril. Durante a visita puxo en valor esta proposta como dinamizadora do tempo libre entre a mocidade.

Na edición deste ano de Primavera Xove, que esta fin de semana chegou ao seu fin, a Xunta ofertou case 600 prazas para persoas entre os 14 e 30 anos durante os meses de marzo e abril en seis instalacións xuvenís da comunidade. Cubríronse o 80% das prazas dispoñibles.

O obxectivo foi que a mocidade contara con alternativas de ocio educativo e saudable e que os pais tiveran máis oportunidades para conciliar durante as fins de semana ou en períodos non lectivos como a Semana Santa.

O grupo de Pontemaril fixo ao longo desta fin de semana sendeirismo pola serra do Cando con interpretación da flora e fauna do lugar e desfrutou dun amplo programa de actividades que incluíu escalada en rocódromo, tiro con arco, tirolina, barranquismo ou visitas á aldea abandonada de Grobas.

Ademais do campamento de Pontemaril, outros espazos nos que se desenvolveu Primavera Xove foron as instalacións de Mariña Española (Bergondo), os albergues xuvenís da Devesa (Ribadeo), Lug II (Lugo) e Area (Viveiro); así como o campamento xuvenil de As Sinas (Vilanova de Arousa).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23472 {"title":"O programa Primavera Xove da Xunta ofrece ocio educativo para a mocidade e unha alternativa de conciliación ás familias","published_date":"2024-04-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23472"} galicia C. de Política Social e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-07/23472-programa-primavera-xove-da-xunta-ofrece-ocio-educativo-mocidade-e-unha-alternativa-conciliacion-as-familias https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.