A Xunta promove o Camiño de Santiago no mercado chinés cunha decena de xornalistas e instagrammers que suman máis de 5 millóns de seguidores

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • En colaboración coa OET de Pekín, o grupo está a realizar o Camiño de Santiago desde Sarria para coñecer e divulgar a ruta xacobea
  • O ano pasado recuperáronse os niveis prepandemia en canto ao número de peregrinos chineses que recolleron a Compostela, superando xa os 1.000

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2024

A Xunta de Galicia está a promover o Camiño de Santiago no mercado chinés a través dunha acción na que están a participar un grupo de xornalistas e instagrammers chineses especializados en viaxes que, xuntos, suman máis de 5 millóns de seguidores.

Organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa OET de Pekín, nesta acción de familiarización están a participar representantes de publicacións como a prestixiosa revista semanal Sanlian Life Week, as publicacións de turismo Voyage e Travel Zone, así como un grupo de influencers especializados en viaxes.

Nestes días están a realizar o Camiño Francés desde Sarria e o percorrido incluirá coñecer distintos recursos patrimoniais da ruta xacobea, así como algúns dos albergues da Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago como o de Ribadiso, en Arzúa.

Cada vez máis peregrinos estranxeiros

A acción enmárcase no traballo levado a cabo polo Goberno autonómico para promover e divulgar os recursos vencellados ao Camiño de Santiago nos distintos mercados, tendo en conta que os peregrinos internacionais están a volver a recuperar os niveis previos á pandemia e o ano pasado xa representaron máis do 50%.

No caso do mercado chinés tamén se está a notar unha recuperación en comparación coas cifras de 2019, xa que o ano pasado foron máis de 1.000 os peregrinos deste país os que recolleron a Compostela (ao igual que antes da pandemia) e no que vai de ano a cifra ascende a preto de 250.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23471 {"title":"A Xunta promove o Camiño de Santiago no mercado chinés cunha decena de xornalistas e instagrammers que suman máis de 5 millóns de seguidores","published_date":"2024-04-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773498\/20240407+NPPressTripChina.jpg","id":"23471"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-07/23471-xunta-promove-camino-santiago-mercado-chines-cunha-decena-xornalistas-e-instagrammers-suman-mais-5-millons-seguidores https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.