Turismo de Galicia promove esta fin de semana nas Rías Baixas a nova edición da 'Primavera de Portas Abertas' nas rutas dos viños, que se celebrará en maio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Organiza unha viaxe de familiarización para bloggers e instagrammers especializados en enogastronomía e viaxe con actividades en adegas, pazos ou vinculadas á gastronomía    

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2024

Turismo de Galicia leva esta fin de semana ás Rías Baixas a promoción da nova edición de Primavera de portas abertas, as tradicionais xornadas de portas abertas para coñecer as rutas dos viños galegos a través de distintas actividades e que este ano comezarán o 3 de maio.

En concreto, un grupo de bloggers e instagramers especializados en enogastronomía e viaxes (Galicia Angibaldrich, Gallego Viajero, El hambre con ganas de beber, Lola Frambuesa), participarán nunha visita ao Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, declarado Xardín de Excelencia Internacional e unha das paradas da Ruta da Camelia, ou o Pazo de Fefiñáns, en Cambados, e visitarán algunhas adegas da Denominación de Orixe das Rías Baixas onde degustarán varios dos seus viños.

Tamén visitarán o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea e está prevista unha baixada ao río Miño para ver as pesqueiras, en Salvaterra de Miño, e un dos maiores espazos de divulgación da viticultura e enoloxía de España.

Esta acción promocional é a segunda, despois de que en marzo se realizase con outros bloggers e Instagramers na D.O de Valdeorras. O calendario continuará do 12 ao 14 de abril na do Ribeiro, do 19 ao 21 de abril na da Ribeira Sacra e do 26 ao 28 de abril na de Monterrei. Todos os participantes suman máis de 1M de seguidores en redes sociais.

Cinco grandes territorios

Turismo de Galicia arranca así a nova edición da Primavera de portas abertas que leva a cabo en colaboración coas cinco entidades impulsoras das rutas dos viños galegos, unha proposta que está consolidándose na oferta turística do primeiro semestre do ano. Trátase dun programa completo de actividades de enoturismo desenvolto de maneira conxunta e simultánea nos cinco grandes territorios vitivinícolas galegos. As xornadas de portas abertas celebraranse cinco fins de semana entre maio e xuño, con visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta acción.

En cada ruta poderase atopar, ademais, un plan especial de actividades para a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co viño.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23455 {"title":"Turismo de Galicia promove esta fin de semana nas Rías Baixas a nova edición da 'Primavera de Portas Abertas' nas rutas dos viños, que se celebrará en maio","published_date":"2024-04-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773495\/20240406+PromocionPrimaveraPortasAbertasRiasBaixas.jpeg","id":"23455"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-06/23455-turismo-galicia-promove-fin-semana-nas-rias-baixas-nova-edicion-da-primavera-portas-abertas-nas-rutas-dos-vinos-se-celebrara-maio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.