A Xunta apoia a celebración na Coruña dos Días Europeos da Artesanía con demostracións e obradoiros de oficios artesanais no Centro Ágora

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá a iniciativa Oficios en Acción, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Consellería de Economía, Industria e Innovación
  • Ofrécense demostracións de oficios e obradoiros participativos especializados en cerámica, xoiería, vidro, encadernación, estampaxe, téxtil e coiro
  • Os Días Europeos da Artesanía, que se celebran ata o domingo, son unha iniciativa de divulgación dos oficios artesanais que se celebra cada ano en diferentes países e cuxo programa de actividades na nosa Comunidade está coordinado pola Fundación Artesanía de Galicia

A Coruña, 6 de abril de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá na Coruña a iniciativa Oficios en Acción, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Xunta con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía. Entre o 2 ao 7 de abril, Galicia súmase a esta iniciativa europea de divulgación dos oficios artesanais a través dunha ampla programación de demostracións, talleres, cursos, visitas guiadas e xornadas de portas abertas impulsados por máis de 60 obradoiros inscritos en artesanía de Galicia e outras entidades asociativas e centros de divulgación da artesanía.

A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, é de novo a encargada de coordinar o programa de actividades na Comunidade e colabora con diferentes propostas que se están a desenvolver dende o pasado martes en Xinzo de Limia, Mondoñedo, Ourense, Santiago de Compostela, Cuntis, Vigo, Ponteceso, Muros, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Catoira e Niñodaguia. O programa completo e toda a información sobre o evento a nivel nacional pódese consultar na páxina web diasdelaartesania.es.

Oficios en acción

A iniciativa Oficios en Acción, apoiada pola Xunta a través da Fundación Artesanía de Galicia, celébrase durante toda a xornada de hoxe sábado no Centro Ágora da Coruña. En horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas ofrécense demostracións de oficios como a xoiería, a cargo do taller A Feitura, ou da talle de vidro, con Eugenio Soto do obradoiro Corman. Hai tamén obradoiros de encadernación impartidos por Códice; de cerámica, a cargo de Víctor Ares; de marroquinería, impartidos polos obradoiros coIRaxe e Jatafarta; de elaboración de complementos téxtiles con Lucecús; de bixutería con Artesanía Nia; de tapices, con Cuaderna Maestra; de xoiería con Mario López; de estampaxe téxtil coa técnica Hapa Zome, impartido por Casperlota; e de pregado de libros, a cargo de Mioco Diseños.

 

Outras propostas

Os Días Europeos da Artesanía son unha iniciativa de divulgación dos oficios artesanais que se celebra cada ano en diferentes países e cuxo programa en Galicia está coordinado pola Fundación Artesanía de Galicia. A Xunta colabora con outras propostas en Vigo, Ourense, Santiago de Compostela, Ponteceso, Muros, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Catoira, Cuntis, Mondoñedo, Niñodaguia e Xinzo de Limia.

En Santiago de Compostela, Creativas Galegas organiza hoxe dous escaparates viventes: un pola mañá de Escultura de libros reciclados do que se encarga DRositas e outro a cargo de Spacio B e denadinteriores. Nesta cidade, tres obradoiros artesanais localizados na Rúa de San Pedro abrirán as portas dos seus espazos creativos para celebrar os Días Europeos da Artesanía. En horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:30h hoxe sábado e mañá domingo de 10:00 a 14:30h poderanse visitar os talleres de El Taller de Fer, Brigantia Orfebres e Noga Arts.

 

Tamén hoxe sábado estase a desenvolver en Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo) a IV Fornada Tradicional nos antigos fornos de pedra, impulsada polo Museo de Alfarería de Niñodaguia. E no local da Asociación de Artesáns de Ourense (Colón, 24) están previstos diferentes obradoiros de cerámica impartidos por Olería do Batán, hoxe e mañá, e obradoiros de xoiería impartidos por Mario López, mañá domingo. No Museo do Mar de Galicia, en Vigo, organízanse talleres participativos no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, a cargo dos obradoiros artesanais Como pez en el agua, Peixesapop, Carlos San Claudio e Medialúa.

Hoxe celébrase en diferentes localidades a iniciativa "Artesanía na aldea", con obradoiros de cerámica e de manipulado de papel en escolas unitarias e centros socioculturais dos concellos da Pobra do Caramiñal, Muros, Porto do Son, Catoira e Rianxo impartidos por Raposiñas, Manuel Figueiras, Laura Ventoso, Mar Barral e Pedras de papel.  Hoxe sábado, tamén é a cita cos Días Europeos da Artesanía na Fundación Eduardo Pondal, en Ponteceso, a través dun taller participativo a cargo de Artesanía de remate de xoguetes de madeira; en Cuntis continúan os obradoiros de cerámica castrexa da Fundación Terra Termarum; e en Mondoñedo estanse a desenvolver tamén demostracións e obradoiros a cargo da Asociación Os Muíños.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23453 {"title":"A Xunta apoia a celebración na Coruña dos Días Europeos da Artesanía con demostracións e obradoiros de oficios artesanais no Centro Ágora","published_date":"2024-04-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23453"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-06/23453-xunta-apoia-celebracion-na-coruna-dos-dias-europeos-da-artesania-demostracions-e-obradoiros-oficios-artesanais-centro-agora https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.