Galicia esixe que non se aprobe a Estratexia nacional do cormorán moñudo ata que conclúa o proxecto europeo para a conservación da especie no Cantábrico

Imagen del artículo Galicia esixe que non se aprobe a Estratexia nacional do cormorán moñudo ata que conclúa o proxecto europeo para a conservación da especie no Cantábrico

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Belén do Campo defende que a comunidade galega concentra o 86% das parellas censadas en toda a cornixa cantábrica e a súa opinión debe ser tida en conta
  • Advirte de que se o Goberno central segue adiante coa tramitación da estratexia neste momento corre o risco de "repetir o mesmo erro" que co lobo ibérico

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2024

A Xunta esixiu ao Goberno central que paralice temporalmente a tramitación da futura Estratexia de conservación do cormorán moñudo co fin de enriquecela e adaptala ás principais conclusións dos traballos que se están a desenvolver na actualidade para a conservación da especie en Galicia, Asturias e Cantabria no marco do proxecto europeo Life Intermares.

Así o defendeu a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, durante o Consello estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade que se celebrou esta mañá por videoconferencia e que serviu como reunión preparatoria da Comisión estatal prevista para a vindeira semana.

En relación coa estratexia do cormorán e logo de que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico confirmara a súa intención de aprobala xa, a responsable autonómica interveu para expoñer que non considera "viable nestes momentos" seguir avanzando na súa tramitación cando se está a traballar aínda no Life Intermares sobre o cormorán a través de talleres participativos co fin de definir as principais ameazas (como as interaccións coas artes de pesca) e retos de futuro que afronta a especie, así como propoñer posibles solucións e medidas que favorezan a súa conservación.

A modo de exemplo, a directora xeral indicou que onte mesmo se celebrou un destes tallares na sede do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia —que concentra case a metade das parellas de cormorán moñudo do Cantábrico—, polo que non resulta lóxico someter agora a aprobación unha estratexia que, evidentemente, non terá en conta o resultado destes traballos, con remate previsto a finais deste ano.

Tal e como recordou Belén do Campo, Galicia alberga o 86% de todas as parellas de cormorán moñudo identificadas no cantábrico —1.412 dun total de 1.637— e, de feito, é tamén a comunidade española que conta co censo máis actualizado da especie.

Por iso, defendeu que as consideracións da Xunta deben ser tidas en conta na redacción do documento xa que será unha das comunidades que terá que asumir a súa aplicación e a xestión da especie ao concentrar no seu territorio unha das poboacións máis importantes de cormorán moñudo de todo o país.

Ademais, a directora xeral indicou que aprobar a curto prazo unha estratexia a nivel nacional sen dispoñer antes de datos actualizados sobre a situación da especie en todo o país é precipitado.

Neste sentido, do Campo pediu que se retire da orde do día da Comisión estatal de Patrimonio Natural e Biodiversidade da semana que vén o punto relativo á estratexia do cormorán moñudo e advertiu de que se o Goberno mantén a súa intención de aprobala se pode correr o risco de "repetir o mesmo erro" que co lobo ibérico e a súa inclusión en 2021 na Listaxe de especies de réxime de protección especial (Lesrpe).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23444 {"title":"Galicia esixe que non se aprobe a Estratexia nacional do cormorán moñudo ata que conclúa o proxecto europeo para a conservación da especie no Cantábrico","published_date":"2024-04-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773492\/240405+DO+CAMPO+CONSELLO+ESTATAL+BIODIVERSIDADE.jpg","id":"23444"} galicia Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-05/23444-galicia-esixe-non-se-aprobe-estratexia-nacional-do-cormoran-monudo-ata-conclua-proxecto-europeo-conservacion-da-especie-cantabrico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.