A Xunta construirá 20 vivendas de promoción pública en Mos cun investimento de máis de 3 millóns de euros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ángeles Vázquez avanza que se está a ultimar o proxecto básico do edificio, previo á licitación das obras, e agradece ao Concello a cesión da parcela de 2.000 metros cadrados na que se van desenvolver as actuacións
  • A vicepresidenta segunda en funcións traslada á rexedora a vontade do Executivo galego de estudar novas iniciativas neste eido se o Goberno local conta con terreos de uso residencial nos que poder levantar máis VPP
  • A Administración autonómica avanza na súa estratexia para que o parque público residencial de Galicia chegue ás 8.000 vivendas en 2028 

Mos (Pontevedra), 5 de abril de 2024

A Xunta de Galicia construirá un edificio de 20 vivendas de promoción pública (VPP) no concello de Mos cun investimento de máis de 3 millóns de euros. Así o recolle o proxecto no que está a traballar o Executivo galego e do que a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, presentou hoxe á alcaldesa, Nidia Arévalo, e a outros membros do Goberno local os avances realizados na redacción do proxecto básico para desenvolver esta actuación, paso previo á licitación das obras.

De feito, a responsable autonómica expuxo que o proxecto definitivo se presentará ao Concello nas vindeiras semanas, xunto coa solicitude da licencia de construción, e que o Instituto Galega da Vivenda e Solo (IGVS) xa iniciou a redacción do proxecto de execución dos traballos para levantar o edificio.

Ángeles Vázquez agradeceu a contribución do Goberno local a que esta actuación poida saír adiante pois o edificio que se prevé construír levantarase nunha parcela de 2.000 metros cadrados cedida polo Concello. Nesta liña, a vicepresidenta segunda en funcións trasladou á alcaldesa de Mos a vontade da Xunta de estudar máis promocións de VPP no futuro se o municipio conta con terreos de uso residencial que poida ceder ao IGVS para impulsar así a oferta de vivenda pública na zona. 

O edificio de 20 vivendas de promoción pública que se prevé construír en Mos -concello no que hai 315 persoas inscritas no rexistro de demandantes de vivenda da Xunta- estará na urbanización de San Eleuterio, en Tameiga. O inmoble contará con soto, planta baixa e tres alturas, destinándose o soto a rochos e prazas de garaxe e o resto de andares a vivendas e zonas comúns.  

As vivendas terán entre dous e catro dormitorios e a súa superficie oscilará entre algo menos de 70 metros cadrados e preto de 120 metros cadrados útiles. As catro vivendas previstas na planta baixa contarán cun xardín privado de máis de 40 metros cadrados mentres que as 16 restantes disporán de cadansúa terraza. 

A construción deste edificio enmárcase na estratexia para a promoción de vivenda pública e o impulso da vivenda protexida deseñada polo Executivo galego co obxectivo de reforzar o actual parque público residencial ata acadar as 8.000 vivendas en 2026 a través, entre outras medidas, do impulso de obras de nova construción ou da rehabilitación de inmobles xa existentes tanto por parte da Xunta como dos concellos. 

Parque empresarial  

A vicepresidenta segunda en funcións e a alcaldesa de Mos tamén abordaron cuestións relacionadas co solo empresarial como os avances na redacción do Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (PEOSE) do novo parque empresarial de Louredo. Este espazo permitirá poñer novas parcelas a disposición do tecido empresarial da zona atendendo á demanda existente e aos bos resultados de asentamento de empresas rexistrados no veciño parque empresarial de Veigadaña.

A finalidade do plan é ordenar preto de 480.000 metros cadrados de solo entre os concellos de Mos e Redondela. Deles, arredor de 380.000 metros cadrados estarán en Mos e o proxecto permitirá habilitar preto de 270.000 metros cadrados, repartidos en parcelas de distintos tamaños, para poñer a disposición das empresas. A previsión é investir -incluídas cuestións como a urbanización do parque, a compra de terreos, as conexións exteriores e os traballos técnicos, entre outras- máis de 40 millóns de euros no desenvolvemento deste proxecto.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23435 {"title":"A Xunta construirá 20 vivendas de promoción pública en Mos cun investimento de máis de 3 millóns de euros","published_date":"2024-04-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773492\/240205+AVM+REUNION+ALCALDESA+MOS.jpg","id":"23435"} galicia Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-05/23435-xunta-construira-20-vivendas-promocion-publica-mos-cun-investimento-mais-3-millons-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.