Lorenzana resalta a compañía Gabadi como exemplo da capacidade da industria auxiliar do naval galego

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, destaca a aposta pola innovación e a internacionalización da empresa naronesa, que cumpre 35 anos de actividade
  • Lembra que o Goberno galego está a elaborar o Plan director do sector naval, que vai ser imprescindible para coñecer a situación actual e os retos de futuro desta industria estratéxica para a economía galega

Narón (A Coruña), 5 de abril de 2024

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Narón as instalacións de Gabadi, sinalando que esta compañía é un exemplo da capacidade que está a demostrar a industria auxiliar do naval galego. Así, Lorenzana destacou a aposta desta compañía pola innovación, a internacionalización e os investimentos, apuntando que isto deixa de manifesto que "Galicia vai no bo camiño no sector naval, que xunto coa automoción suma o 20 % do emprego industrial na Comunidade".

A conselleira subliñou que a reunión celebrada hoxe permitiu coñecer de preto os proxectos cos que conta a empresa e presentarlles os diferentes apoios que a Xunta pon a disposición do tecido empresarial, como a Oficina Económica de Galicia. Neste sentido, a conselleira lembrou que a que a Xunta de Galicia está a elaborar o Plan director do sector naval, dentro da nova estratexia industrial.

Lorenzana sinalou que esta ferramenta vai ser "imprescindible para coñecer a situación actual e os retos de futuro  que ten este sector", e para continuar acompañándoos a través de diferentes instrumentos no ámbito financeiro, na internacionalización ou na cualificación das persoas traballadoras.

O naval é unha das industrias declaradas estratéxicas polo Consello da Xunta, xunto coa metalmecánica, a automoción, o sector forestal-madeira, a industria das TIC e a loxística industrial, das que tamén se están a elaborar plans directores. Os distintos plans contarán con medidas, mecanismos e medios necesarios para fortalecer o sector, mellorar a competitividade, fomentar a súa internacionalización e sustentabilidade, impulsar a innovación industrial, incrementar o emprego industrial e estimular a captación de investimento.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23427 {"title":"Lorenzana resalta a compañía Gabadi como exemplo da capacidade da industria auxiliar do naval galego","published_date":"2024-04-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773492\/20240405LorenzanaGabadi1.JPG","id":"23427"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-05/23427-lorenzana-resalta-compania-gabadi-como-exemplo-da-capacidade-da-industria-auxiliar-do-naval-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.