O Servizo Galego de Saúde destaca as vantaxes de realizar a formación MIR en Galicia

  • O persoal residente en formación en Galicia conta cunhas condicións retributivas que oscilan entre os 36.000 euros dos MIR1, até os 51.000 euros do persoal médico en formación R5
  • A Xunta ofrece contratos de 3 anos de duración para os residentes que rematan a súa formación nas especialidades de Medicina Familiar e Comunitaria e de Pediatría en atención primaria
  • O Sergas conta cun total de 23 medidas destinadas ás profesionais residentes embarazadas, co obxectivo de mellorar o seu benestar no eido laboral
  • ―      O sistema sanitario público galego conta con 950 titores y titoras, 3 institutos de investigación acreditados, ademais de infraestruturas sanitarias dotadas con equipamento de alta tecnoloxía

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2024

O Servizo Galego de Saúde convida ao conxunto dos médicos internos residentes (MIR) a traballar nos centros sanitarios públicos galegos, destacando as vantaxes e condicións laborais que ofrece a Sanidade galega. 

Así, a nivel retributivo o persoal residente en formación en Galicia conta cunhas condicións que oscilan entre os 36.000 euros dos MIR 1, até os 51.000 euros que acada o persoal médico en formación R5 (inclúe 4 gardas en días laborais e 1 garda de fin de semana). 

No que atinxe ás xornadas ordinarias, compútanse un total de 1.575 horas ao ano, remunerándose de xeito adicional o traballo realizado nas quendas do sábado pola mañá. Sobre este particular, cómpre destacar que as libranzas das gardas estarán garantidas -incluídas as dos sábado-.

Nestes intres, a Sanidade pública galega ten activas importantes políticas de emprego, destacando a oferta de contratos específicos para persoal residente que termina a súa formación, e entre a que destacan a posibilidade de asinar un contrato que se estenderá durante 3 anos, como acontece no caso das especialidades de Medicina Familiar e Comunitaria ou de Pediatría de Primaria, así como noutras especialidades de tipo hospitalario.

De acordo a alta presenza de mulleres no ámbito da formación sanitaria especializada, o Sergas conta con medidas dirixidas a mellorar o seu benestar. Neste senso, dispón dun compendio de 23 medidas destinadas as mulleres embarazadas traballadoras,  que ademais non sufrirán ningunha perdida retributiva. Xunto co anterior, o Servizo Galego de Saúde pon a súa disposición garderías en varios hospitais, así como prazas de aparcadoiro específicas ou condicións especiais de adaptación, entre outras.

Nesta mesma liña, o Sergas conta con 18 permisos vencellados á conciliación da vida persoal e familiar. No Sergas coidamos ao noso persoal e preocupámonos polo seu benestar.

Máis de 950 titores altamente cualificados

Ademais das condicións laborais que ofrece o Servizo Galego de Saúde, a Sanidade pública galega conta cun excelente equipo de titores e titoras. Así, un total de 950 profesionais altamente cualificados e cunha ampla experiencia acompañarán aos MIR nas diferentes especialidade clínicas.

A todo isto, débense engadir as boas infraestruturas sanitarias coas que conta Galicia, uns espazos de traballo que foron renovados recentemente, na súa maioría, e que están dotados coa máis alta tecnoloxía e equipamento do ámbito sanitario.

Esta conxuntura facilita que o persoal residente poida completar a súa formación accedendo a equipos de última xeración, ademais de estar en disposición de seleccionar a súa ampla oferta formativa, e que se fai extensiva ao eido da investigación, no que a nosa comunidade conta con 3 institutos acreditados.

Ademais, as diferentes especialidades de Enfermería están moi desenvolvidas en Galicia, tanto no caso da Enfermería familiar e comunitaria,  como no caso da enfermería pediátrica. Así, os persoal EIR que opte por formarse na nosa comunidade disporá de ofertas de emprego específicas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23422 {"title":"O Servizo Galego de Saúde destaca as vantaxes de realizar a formación MIR en Galicia","published_date":"2024-04-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23422"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-05/23422-servizo-galego-saude-destaca-as-vantaxes-realizar-formacion-mir-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.