O Consello da Xunta autoriza a colaboración co Concello de Ares para acometer obras de emerxencia no saneamento municipal por importe de 1,15 M€

  • O obxectivo é prestar apoio técnico e económico ao Concello para resolver a situación xerada pola rotura do colector municipal que atravesa a praia do núcleo urbano
  • A Xunta financiará o 80% dos traballos, cunha achega de 920.000 €
  • A entidade local asume o financiamento restante, declara as obras de emerxencia e encárgase da súa execución
  • Con esta colaboración, o Goberno galego dá resposta á solicitude do Concello de Ares e contribúe a evitar o risco para a poboación nas zonas de baño e para o medio ambiente
  • Nos últimos anos, a Xunta executou actuacións por importe de 30 M€ para a mellora do saneamento municipal de Ares

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2024

O Consello da Xunta autorizou hoxe a colaboración co Concello de Ares para executar as actuacións extraordinarias para garantir o servizo de saneamento municipal, cun investimento de 1,15 M€.

O obxectivo é prestarlle apoio técnico e financeiro ao Concello para resolver a situación derivada da rotura, o pasado 22 de febreiro, do colector do sistema municipal de saneamento que atravesa a praia do núcleo urbano.

Coa colaboración da Xunta, a entidade local poderá asumir as obrigas económicas derivadas da execución das obras necesarias para solucionar as deficiencias detectadas tras a rotura do colector.

A Xunta, a través de Augas de Galicia, financiará nun 80% as actuacións, coa achega de 920.000 euros, asesorando e prestando o seu apoio técnico na execución das obras.

Pola súa banda, a Administración local asume o 20% restante do custo das intervencións, así como a declaración das obras como emerxencia, procedendo tamén á súa execución e posterior mantemento.

Unha vez autorizado hoxe este convenio de colaboración entre ambas as administracións, este terá efectos desde o día seguinte ao da súa sinatura, sendo computables os gastos realizados nas intervencións desde o pasado 14 de marzo.

Deste xeito, o Goberno galego dá resposta á solicitude realizada polo Concello de Ares para a execución das intervencións necesarias de reparación do colector co fin de evitar o risco para a poboación nas zonas de baño e para o medio ambiente.

Actuacións obxecto do convenio

O saneamento do núcleo de Ares está formado por unha rede de sumidoiros por gravidade que verte nun colector común que discorre lonxitudinalmente paralelo á liña de costa e que leva a auga residual ata o bombeo de Ares, desde onde se impulsa sucesivas veces ata chegar á estación depuradora de augas residuais situada en Punta Avarenta.

O pasado 22 de febreiro produciuse unha rotura no tramo inicial do colector que discorre paralelo á praia, denominado Ares 3, afectando a unha lonxitude aproximada de 80 metros, o que deu lugar a unha vertedura directa de augas residuais ao mar e a entrada de auga de mar e area cara ao citado colector.

A Xunta, tras coñecer estas deficiencias no funcionamento do colector, púxose en contacto de xeito inmediato co Concello para ofrecerlle apoio e colaboración de cara a resolver este problema.

Nos días seguintes á rotura e co obxecto de minimizar o impacto ambiental da vertedura realizáronse unha serie de actuacións provisionais de contención da emerxencia, dada a complexidade da reparación e á espera de realizar un estudo técnico sobre a solución para restablecer ou funcionamento habitual do colector.

Unha vez emitido o informe técnico xustificativo da necesidade de levar a cabo intervencións extraordinarias para a reparación do colector e co obxectivo de eliminar o vertido incontrolado de augas residuais sen tratar ao mar, a entidade local declarou o pasado día 14 de marzo a emerxencia das actuacións extraordinarias para garantir o saneamento, ordenando a execución inmediata das obras e subministro para asegurar o funcionamento da rede municipal.

Nos últimos anos, a Xunta levou a cabo actuacións para a mellora do saneamento municipal de Ares por un importe global de 30 M€, incluíndo a execución do citado colector, que foi entregado ao Concello no ano 2014, para a súa conservación e mantemento.

Con esta nova colaboración, o Goberno galego continúa prestando o seu apoio aos concellos para que poidan exercer de xeito eficiente e responsable  as súas competencias de saneamento, abastecemento e depuración e proporcionar uns servizos de calidade aos cidadáns.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23414 {"title":"O Consello da Xunta autoriza a colaboración co Concello de Ares para acometer obras de emerxencia no saneamento municipal por importe de 1,15 M€","published_date":"2024-04-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23414"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-04/23414-consello-da-xunta-autoriza-colaboracion-co-concello-ares-acometer-obras-emerxencia-saneamento-municipal-importe-1-15-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.