A Xunta pon en valor a importancia do programa Reacciona para seguir impulsando a competitividade das pemes de Ourense

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, participou na inauguración do obradoiro organizado xunto á Confederación Empresarial de Ourense para dar a coñecer este programa ao tecido empresarial
  • Lembra que os interesados xa poden presentar as súas solicitudes para optar a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a mellora da xestión financeira, ou a optimización dos procesos de produción
  • Subliña que o ReAcciona incorpora desta volta apoios a empresas emerxentes innovadoras, análises do cumprimento normativo e os riscos legais (compliance), a captación e xestión do talento e a promoción de melloras nos ámbitos ambiental, social e de gobernanza
  • Resalta que, desde a súa posta en marcha no ano 2012, o programa promoveu o desenvolvemento de máis de 2700 servizos que permitiron mellorar a competitividade de preto de 2000 empresas galegas, mobilizando 13,7M€

Ourense, 4 de abril de 2024

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou esta mañá na inauguración dun obradoiro de presentación do programa ReAcciona, organizado xunto á Confederación Empresarial de Ourense (CEO), e no que puxo en valor as posibilidades desta iniciativa para seguir impulsando a competitividade das pemes da provincia.

Neste marco, Covadonga Toca lembrou que a Xunta, a través do Instituto Económico de Galicia (Igape), abriu esta mesma semana, o pasado día 1 de abril, o prazo de presentación de solicitudes do ReAcciona, que permanecerá activo ata o próximo 15 de novembro ofrecendo a pemes e autónomos diferentes ferramentas e servizos avanzados para ser máis competitivos.

"Ourense, como o resto de Galicia, ten que diferenciarse pola calidade dos seus produtos, e para acadar esta meta necesitamos máis innovación, máis formación e máis internacionalización", expuxo a directora do Igape, quen salientou as potencialidades do ReAcciona para que as pemes "reinventen os negocios e fagan fronte aos novos retos do mercado".

Para acadar este obxectivo, afondou, o programa suma este ano máis de 3,2M€ que suporán a mobilización de máis de 4M€, promovendo servizos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a mellora da xestión financeira ou a optimización dos procesos de produción. Así mesmo, tamén se levarán a cabo iniciativas no eido da innovación, para axudar ás empresas no deseño de produtos e servizos innovadores, afondando na protección e financiamento dos mesmos.

Entre as principais novidades deste exercicio, o programa incorpora a prestación de servizos en catro novos eidos de actuación: o apoio a empresas emerxentes innovadoras, a análise do cumprimento normativo e os riscos legais (compliance), o captación e xestión do talento ou a promoción de melloras nos ámbitos ambiental, social e de gobernanza.

"Programas como o ReAcciona axudan ás pemes e aos autónomos a incorporar novas estratexias e solucións tecnolóxicas aos seus negocios, acelerando os procesos para ser máis competitivos", destacou a directora do Igape.

Ata 13 servizos

O ReAcciona ofrece ás pemes galegas ata 13 servizos diferentes para mellorar a competitividade empresarial, debendo as empresas que queiran optar a estas axudas ter un mínimo de 3 persoas traballadoras.

As actuacións levadas a cabo no marco do ReAcciona desenvólvense por un axente colaborador, que está á disposición da empresa durante a duración do servizo de mellora, que pode ir dos tres aos seis meses. Por outra parte, os servizos teñen un carácter práctico e buscan a profesionalización da empresa, resultando clave o acompañamento e a formación ofrecidos.

Covadonga Toca salientou que, desde a súa posta en marcha no 2012, o ReAcciona promoveu xa o desenvolvemento de máis de 2700 servizos que permitiron mellorar a competitividade de preto de 2000 empresas galegas, mobilizando 13,7M€.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23405 {"title":"A Xunta pon en valor a importancia do programa Reacciona para seguir impulsando a competitividade das pemes de Ourense","published_date":"2024-04-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773489\/20240404IgapeCEO1.jpg","id":"23405"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-04/23405-xunta-pon-valor-importancia-do-programa-reacciona-seguir-impulsando-competitividade-das-pemes-ourense https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.