A Xunta comeza as obras do aparcadoiro disuasorio na estrada PO-546 en Lourizán, no concello de Pontevedra, que suporá un investimento de 350.000€

Imagen del artículo A Xunta comeza as obras do aparcadoiro disuasorio na estrada PO-546 en Lourizán, no concello de Pontevedra, que suporá un investimento de 350.000€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O equipamento sitúase entre o acceso ao Pazo de Lourizán e a intersección co núcleo do Rozo
  • Trátase dun emprazamento estratéxico na comunicación entre Pontevedra e O Morrazo, polo que o aparcadoiro facilitará tanto o uso do vehículo compartido como do transporte público
  • Habilitaranse 71 prazas, das que 2 se reservan para persoas con mobilidade reducida
  • O aparcadoiro integrarase na senda que comunicará os núcleos de Mollavao e Os Praceres, cuxa licitación se prevé este mes cun investimento de máis de 6,8 M€
  • A intervención enmárcase na aposta da Xunta por transformar a antiga estrada entre Pontevedra e Marín nunha gran senda de mobilidade sostible, grazas a un investimento global de preto de 10 M€

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2024

A Xunta vén de comezar as obras do aparcadoiro disuasorio na estrada PO-546 en Lourizán, no concello de Pontevedra, que suporá un investimento de 350.000 €.

Trátase da construción dun aparcadoiro entre a vía de acceso ao Pazo de Lourizán e a intersección da estrada de conexión da PO-546 co núcleo do Rozo.

Este novo equipamento executarase no tramo da estrada vella entre Marín e Pontevedra situado entre os quilómetros 2+750 e 2+950 da PO-546 e contará cunha superficie total de 2.465 m².

A situación considerouse estratéxica ao atoparse nesta vía de comunicación entre Pontevedra e o resto da comarca do Morrazo, facilitando tanto o emprego do coche compartido (carpooling), como do  transporte público.

Habilitarase un total de 71 prazas de estacionamento en batería e dúas desas prazas reservaranse para persoas con mobilidade reducida.

Na contorna dos 300 metros do aparcadoiro existen 4 paradas de autobús que comunican Pontevedra cidade coa comarca do Morrazo, convertendo o emprazamento nun lugar de intercambio modal.

A actuación completarase coa dotación de alumeado público, videovixilancia, preinstalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos e a incorporación de vexetación na contorna.

Cómpre lembrar que o aparcadoiro intégrase na senda que comunicará os núcleos de Mollavao e Os Praceres, cuxa licitación se prevé este mesmo mes.

As actuacións consisten na execución dun itinerario pola marxe dereita da PO-546, de 3,5 quilómetros de lonxitude e cun ancho que oscilará entre os 2,9 e os 4 metros, entre os puntos quilométricos 0+590 e 4+090.

O obxectivo desta intervención, que contará cun investimento de máis de 6,8 M€, é transformar a vía e mellorar a súa funcionalidade, orientándoa ao tránsito de peóns, ciclistas e transporte público.

A intervención enmárcase na aposta da Xunta por transformar a antiga estrada entre Pontevedra e Marín nunha gran senda de mobilidade sostible, cun investimento global de preto de 10 M€.

Estas intervencións forman parte dos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE no impulso da transformación da mobilidade nas contornas urbanas, apostando por desprazamentos máis limpos e sostibles.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23390 {"title":"A Xunta comeza as obras do aparcadoiro disuasorio na estrada PO-546 en Lourizán, no concello de Pontevedra, que suporá un investimento de 350.000€","published_date":"2024-04-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773486\/240403+Inicio+aparcamento+PO-546.jpeg","id":"23390"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-03/23390-xunta-comeza-as-obras-do-aparcadoiro-disuasorio-na-estrada-po-546-lourizan-concello-pontevedra-supora-investimento-350-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.