A Xunta promove un novo seminario dirixido ao sector lácteo para seguir favorecendo a competitividade das explotacións

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A xornada desenvolveuse hoxe nas instalacións da explotación Devesa Langueirón, situada no concello coruñés de Ponteceso
  • O obxectivo desta acción formativa é o de introducir o manexo, por parte dos donos das explotacións, de indicadores técnico-económicos que supoñan unha base para a toma de decisión e favorezan a súa mellora
  • Esta proposta formativa supón unha continuación da visita organizada a varias explotacións de vacún de leite danesas no marco do curso "Gandeiros 20-30"

Ponteceso (A Coruña), 3 de abril de 2024

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural vén de organizar un seminario temático que leva por título "A xestión técnico-económica nas explotacións de leite. O porque, o para que e o como dos indicadores habituais na xestión técnico-económica das explotacións de leite", que se desenvolveu hoxe na explotación Devesa Langueirón, situada no concello coruñés de Ponteceso, ao longo do día.

O sector da produción de leite está a experimentar nos últimos anos unha importante reestruturación, adaptándose a novas políticas comunitarias e esixencias do mercado, polo que este seminario teórico-práctico pretende introducir o manexo, por parte dos donos das explotacións de leite, de indicadores técnico-económicos para que teñan unha base na súa toma de decisións. O fin último é que, coa obtención destes indicadores, os titulares das explotacións poidan compararse con outras para manter unha mellora constante para poder acadar os obxectivos de rendibilidade e sostibilidade.

A xornada conta cunha parte teórica na que se aborda a xestión técnico-económica dentro da Unión Europea e a explotación dos diferentes indicadores existentes. Por outra banda, a parte práctica analiza tanto os indicadores técnicos (ligados á eficiencia, saúde animal ou ao medio ambiente) e os económicos (relacionados coa granxa, con cada vaca ou cos traballadores) no caso concreto dunha explotación.

Dentro da aposta da Xunta por reforzar a formación continua no sector, este seminario segue a liña da visita técnica realizada recentemente por unha decena de gandeiros e gandeiras a varias explotacións de vacún de leite en Dinamarca, país no que traballan constantemente con indicadores para garantir a súa viabilidade. Esta actividade, realizada no marco do curso "Gandeiros 20-30", buscou o intercambio de coñecemento con produtores e a aprendizaxe de novas tecnoloxías aplicadas a este eido.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23384 {"title":"A Xunta promove un novo seminario dirixido ao sector lácteo para seguir favorecendo a competitividade das explotacións","published_date":"2024-04-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773486\/240403_seminario_lacteo_ponteceso.jpeg","id":"23384"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-03/23384-xunta-promove-novo-seminario-dirixido-ao-sector-lacteo-seguir-favorecendo-competitividade-das-explotacions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.