Galicia Calidade certifica xa os produtos da empresa de Silleda Avipor

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregou aos responsables da compañía especializada nos sectores porcino e avícola a certificación e a nova sinalización que identifica ás empresas adheridas ao selo de garantía da Xunta

Silleda (Pontevedra), 3 de abril de 2024.

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou hoxe as instalacións da empresa Avipor Silleda para entregarlle o certificado de uso da marca de garantía da Xunta de Galicia, que lle permitirá empregalo nas diferentes accións para a súa promoción comercial, así como incluír a nova sinalización na súa fachada.

Nesta xuntanza, a responsable de Galicia Calidade, organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, detallou que a posesión do selo de garantía permitirá á empresa engadir o distintivo nos seus produtos. Neste sentido, Ana Méndez destacou o "compromiso de dar un servizo de calidade ao consumidor de principio a fin", e sempre baixo un control e xestión marcado pola experiencia lograda ao longo dos anos.

Avipor Silleda é unha empresa familiar con máis de 55 anos de experiencia e cunha traxectoria especializada nos sectores porcino e avícola. No caso do sector avícola está especializada na comercialización de ovos de galiñas campeiras.

Galicia Calidade é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Na actualidade, conta con preto de 170 empresas adheridas, con máis de 850 produtos ou servizos avalados co selo de garantía, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23376 {"title":"Galicia Calidade certifica xa os produtos da empresa de Silleda Avipor","published_date":"2024-04-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773486\/20240403AviporSilleda1.jpeg","id":"23376"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-03/23376-galicia-calidade-certifica-xa-os-produtos-da-empresa-silleda-avipor https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.