A Xunta remata a nova rotonda na intersección da estrada OU-540 coa autovía A-52, no concello de Barbadás, tras un investimento de 485.000 €

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Esta actuación supón unha importante mellora na seguridade viaria na contorna, reducindo o risco de colisión e mellorando a fluidez do tráfico
  • A nova glorieta da Valenzá dispón de 2 carrís de 4 metros de ancho cada un, ademáis de beiravía exterior e interior
  • Conta cunha illa central axardinada onde se disporán 27 follas de árbore en formigón, que se colocarán nos vindeiros días
  • A intervención completouse coa renovación da capa de rodaxe e das marcas viarias, ademáis da adecuación da sinalización horizontal e a instalación de gabias de seguridade

Barbadás (Ourense), 3 de abril de 2024

A Xunta rematou a execución da rotonda na intersección da estrada autonómica OU-540 coa autovía A-52, no concello de Barbadás, tras un investimento de 485.000 euros.

O director da Axencia galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, supervisou esta mañá o resultado dos traballos de transformación en glorieta da intersección en "T" existente ña Valenzá,  no quilómetro 4+200 da vía da Xunta, no cruzamento co ramal de acceso á autovía das Rías Baixas.

A nova glorieta da Valenzá permite acadar unha mellora importante na seguridade viaria nesa contorna, xa que se reduce o risco de colisión nos movementos de cambio de dirección e nas incorporacións a outras vías, ao tempo que se mellora a capacidade da propia intersección, facilitando a fluidez do tráfico.

A glorieta executada ten dous carrís de 4 metros de ancho cada un e dispón dunha beiravía exterior de 1,5 metros, unha beiravía interior de 1 metro e un gorxal rebasable de formigón coloreado de 1 metro de ancho. O seu firme está composto por unha capa de 5 centímetros de mestura bituminosa en quente sobre unha capa de espesor variable.

O anel interior da glorieta deseñouse cunha coroa de formigón coloreado de 1 metro de ancho e unha illa central axardinada onde se disporán 27 follas de árbore en formigón, que se colocarán nos vindeiros días. 

Tal e como explicou o director da Axencia Galega de INFRAESTRUTURAS, coa intervención renovouse tamén a sinalización horizontal entre os puntos quilométricos 2+995 e 4+750, e a sinalización vertical na contorna da glorieta. Ademais, colocáronse captafaros horizontais, fitos de vértice e balizas nese treito. 

A intervención incluíu, tamén, a transformación de varios tramos de gabias profundas en gabias de seguridade, o que permitiu retirar do sistema de contención existente neses treitos.

No referente ás barreiras metálicas de seguridade, repuxéronse 224 metros dos 387 metros retirados e elimináronse 163 metros ao substituír a anterior gabia en V por gabia de seguridade.

Os traballos acometidos incluíron a reposición do camiño de servizo da marxe dereita da estrada onde houbo que ampliar a plataforma para a construción da glorieta.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23374 {"title":"A Xunta remata a nova rotonda na intersección da estrada OU-540 coa autovía A-52, no concello de Barbadás, tras un investimento de 485.000 €","published_date":"2024-04-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773486\/IMG_4134.jpg","id":"23374"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-03/23374-xunta-remata-nova-rotonda-na-interseccion-da-estrada-ou-540-coa-autovia-52-concello-barbadas-investimento-485-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.