A Xunta oferta o maior número de prazas de formación sanitaria especializada da historia de Galicia

  • O número de prazas ofertadas increméntase en 18 respecto do exercicio anterior, ata acadar os 638 profesionais con titulación universitaria
  • A Administración galega financiará integramente a formación destes profesionais, cun investimento anual de 70 millóns
  • Galicia oferta o 100% das prazas acreditadas nas especialidades de Medicina Familiar e Comunitaria, Pediatría, Medicina Interna, Psiquiatría, Psicoloxía Clínica ou Enfermería especialista en saúde mental

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2024

O Servizo Galego de Saúde ofertará o maior número de prazas de formación sanitaria da historia de Galicia, cun total de 638, destinadas aos profesionais sanitarios con titulación universitaria de Grao/Licenciatura/Diplomatura en Medicina, Farmacia, Enfermería e do ámbito da Psicoloxía, Química, Bioloxía e Física.

Durante o exercicio 2023/2024, a Xunta de Galicia continuará a incrementar o número de prazas ofertadas respecto da convocatoria anterior, ao tempo que consolidará a oferta formativa das especialidades MIR vencelladas á Atención Primaria, así como tamén no que atinxe as especialidades do eido da Saúde Mental.

En concreto, no caso da Medicina Familiar e Comunitaria, durante as últimas catro convocatorias o Executivo galego ofertou a totalidade das prazas acreditadas, rexistrándose un incremento significativo no seu número. Neste senso, se na convocatoria do ano 2006/2007 había un  total de 125 prazas acreditadas e 82 ofertadas (65%), neste exercicio serán 207 as prazas acreditadas, ofertándose o 100%.

Así mesmo, compre destacar que no caso das especialidades relacionadas coa Saúde Mental producirase un incremento do 13% no número de prazas respecto do pasado ano, até acadar un total de 52 prazas. Polo miúdo, serán 17 prazas en Psiquiatría (1 máis que en 2023); 1 en Psiquiatría infantil e da adolescencia, 14 de Psicoloxía clínica (1 máis respecto 2023), e 20 do ámbito da Enfermería especializada en Saúde Mental (4 máis que no anterior exercicio).

Cómpre destacar que a presente  oferta será financiada de xeito integro con recursos da Administración galega, o que suporá un investimento anual de 70 millóns de euros. Así, na convocatoria 2023/24 tamén se ofertan o 100% das prazas acreditadas nas especialidades de Cirurxía Oral e Maxilofacial, Cirurxía Pediátrica, Cirurxía Estética e Reparadora, Endocrinoloxía e Nutrición, Xeriatría, Inmunoloxía, Neurocirurxía, Neurofisioloxía Clínica, Oncoloxía Radioterápica; Radiodiagnóstico, Radiofísica Hospitalaria; Enfermería do Traballo, Enfermería Pediátrica e Enfermería Xeriátrica.

Nestes días, as sete áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde está a levar a cabo xornadas de portas abertas co conxunto de novos profesionais residentes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23373 {"title":"A Xunta oferta o maior número de prazas de formación sanitaria especializada da historia de Galicia","published_date":"2024-04-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23373"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-03/23373-xunta-oferta-maior-numero-prazas-formacion-sanitaria-especializada-da-historia-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.