Avanzan os traballos da parcelaria de Goiás-Xaxán-A Veiga, en Lalín, que suporán a reestruturación de 2.589 hectáreas de 1.207 veciños

  • Están desenvolvéndose os labores de levantamento topográfico e obtención dos planos parcelarios, así como da preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria, cun investimento de máis de 487.000 euros
  • No municipio de Lalín, oito parcelarias están mobilizando actualmente máis de 9.700 hectáreas, cun investimento que nestes procesos superou xa os 19 millóns de euros
  • A Xunta rematou dende o ano 2020 un total de 32 parcelarias e decretou outras 29 no conxunto de Galicia

Lalín (Pontevedra), 3 de abril de 2024

A Xunta avanza nos traballos de levantamento topográfico e obtención dos planos parcelarios, así como da preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria, da concentración parcelaria de Goiás-Xaxán-A Veiga, no concello pontevedrés de Lalín.

O orzamento para estes labores supera os 487.000 euros, nun proceso de reestruturación que abrangue unha superficie de 2.589 hectáreas, distribuídas en 8.084 parcelas de 1.207 propietarios.

A definición do parcelario suporá a correcta delimitación cartográfica da totalidade das parcelas, a rede hidrográfica, as construcións, a rede viaria e os elementos topográficos singulares, así como a delimitación do perímetro definitivo da zona de reestruturación. En canto á investigación da propiedade, consiste na recollida dos datos persoais dos propietarios, así como na recollida da documentación acreditativa do dominio das parcelas a favor de quen as posúa en concepto de donos e a das súas posibles cargas ou gravames.

Parcelarias en Lalín

Dentro do concello lalinense, oito parcelarias están mobilizando actualmente máis de 9.700 hectáreas de superficie. Trátase dos procesos de Cristimil, Val-Bermés-Sello, Santa Baia de Losón; Vilatuxe; Cercio; Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán-Busto e Galegos, ademais deste de Goiás-Xaxán-A Veiga. Nestas reestruturacións, a Consellería do Medio Rural leva investidos máis de 19 millóns de euros.

O obxectivo de todos estes traballos é o de poñer en valor o territorio. Así, a través dos diferentes mecanismos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e as reestruturacións parcelarias, a Xunta leva xa mobilizadas en total 35.000 hectáreas en toda a comunidade nos últimos catro anos.

Neste contexto, dende o ano 2020 a Xunta rematou un total de 32 concentracións parcelarias e decretou outras 29. As rematadas abarcaron unha superficie total de máis de 21.753 hectáreas, beneficiando algo máis de 17.318 propietarios que recibiron case 36.690 títulos de propiedade. Co fin de manter o seu compromiso coas reestruturacións parcelarias, o Goberno galego destina este ano 24 millóns de euros para seguir avanzando nestes procesos, que son fundamentais para organizar o territorio e poñelo en valor. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23369 {"title":"Avanzan os traballos da parcelaria de Goiás-Xaxán-A Veiga, en Lalín, que suporán a reestruturación de 2.589 hectáreas de 1.207 veciños","published_date":"2024-04-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23369"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-03/23369-avanzan-os-traballos-da-parcelaria-goias-xaxan-veiga-lalin-suporan-reestruturacion-2-589-hectareas-1-207-vecinos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.