A Xunta colabora co concello de ordes na rehabilitación integral do local social de Bailía

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, visitou as instalacións situadas na parroquia de Leira, que veñen de rematar as súas obras
  • Dentro das actuacións realizadas instalouse unha nova rede eléctrica e un sistema de calefacción, ademais de traballos de albanelaría e acondicionamento do terreo

Ordes (A Coruña), 3 de abril de 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, acompañada do alcalde de Ordes, José Luis Martínez, visitou o local social de Bailía, situado na parroquia de Leira deste concello coruñés, que acaba de rematar as súas obras de reacondicionamento grazas a un convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello.

As actuacións realizadas, que contaron cun orzamento de algo máis de 48.000 euros, tiñan como obxectivo a mellora do local social de Bailía, co fin de mellorar a calidade de vida da poboación que reside nesa parroquia e contribuír a fixar a poboación do núcleo de Bailía.

As obras consistiron na rehabilitación integral do edificio. Neste sentido, realizáronse accións relacionadas co acondicionamento do terreo, instalouse unha nova rede eléctrica, un sistema de calefacción e colocouse illamento acústico. Ademais, tamén se executaron traballos de albanelaría.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no marco das súas competencias e dentro das súas accións estratéxicas, vén apoiando, mediante axudas a través de convenios diversas actuacións en espazos cuxas características son de especial relevancia para o desenvolvemento rural que os fan merecedores de apoio económico.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23368 {"title":"A Xunta colabora co concello de ordes na rehabilitación integral do local social de Bailía","published_date":"2024-04-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773486\/crm1.jpg","id":"23368"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-03/23368-xunta-colabora-co-concello-ordes-na-rehabilitacion-integral-do-local-social-bailia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.