A Xunta destaca a contribución da empresa Eurored á sustentabilidade do sector pesqueiro e acuícola

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitaron a compañía en Redondela
  • O grupo, dedicado ao deseño e elaboración de artes de pesca e instalacións e servizos de acuicultura, está a innovar no desenvolvemento de novos produtos e tecnoloxías que promoven a sustentabilidade

Redondela (Pontevedra), 2 de abril de 2024

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitaron a sede central do Grupo Eurored en Redondela para coñecer os proxectos de innovación nos que está inmerso. Durante o seu percorrido pola fábrica tiveron oportunidade de coñecer a actividade do centro produtivo no que se elaboran diferentes artes de pesca e elementos para as instalacións de acuicultura en mar aberto.

Patricia Argerey destacou o aliñamento da empresa coas prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3 2021-2027), en concreto, coa sustentabilidade como motor de transformación económica e social, en liña coa prioridade europea da transición verde. De feito, a directora da Axencia Galega de Innovación apuntou que unha das áreas nas que o Grupo Eurored está a centrar os seus esforzos é no desenvolvemento de produtos e tecnoloxías que promovan a sustentabilidade na pesca e na acuicultura a través do uso de materiais biodegradables e respectuosos co mar en redes e cordas de cultivo, así como o desenvolvemento de métodos de pesca máis selectivos e respectuosos co medio ambiente. Neste eido, Eurored é un referente para a industria en todo o mundo.

Así mesmo, Argerey sinalou a contribución da empresa redondelá á  modernización dos sectores primarios galegos, como a pesca e a acuicultura, a través da introdución de innovacións que inciden na mellora da eficiencia e o rendemento no uso dos recursos. Neste sentido, o Grupo Eurored está a innovar na mellora da eficiencia das empresas pesqueiras e acuícolas a través do desenvolvemento de produtos, ferramentas e sistemas de xestión que optimicen os procesos produtivos e incrementen a rendibilidade como solucións personalizadas para garantir a eficiencia das operacións a bordo.

A directora da Axencia Galega de Innovacion lembrou que segue aberta ata o 14 de abril a convocatoria de Misións RIS3 que ten como obxectivo promover a realización de proxectos de I+D e innovación e investimento produtivo de carácter estratéxico para contribuír ás Misións de Especialización Intelixente. Precisamente, a primeira misión é contribuír á mitigación e adaptación ao cambio climático do sector primario de Galicia, a partir da redución da súa pegada nun 10% en 2030 mediante a circularidade e a simbiose industrial, ambito no que está a traballar Eurored, para quen é prioritario dar unha segunda vida ás redes cando deixan de utilizarse.

A directora da Axencia aproveitou para lembrar tamén que un dos obxectivos da Materioteca de Galicia, espazo de difusión de materiais innovadores posto en marcha pola Xunta de Galicia en 2018, é dinamizar o uso de materiais innovadores por parte das  empresas galegas, partindo de que estes son clave na industria pola súa capacidade para incrementar a competitividade en todos os sectores económicos. Empresas como o grupo Eurored poden incorporar os seus materiais innovadores a este catálogo de materiais innovadores ou identificar materiais e tecnoloxías que incorporar aos seus productos e procesos produtivos, desenvolvidos por outras empresas ou centros de coñecemento. A materioteca de Galicia pode visitarse no CIS Tecnoloxía e Deseño, en Ferrol.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23359 {"title":"A Xunta destaca a contribución da empresa Eurored á sustentabilidade do sector pesqueiro e acuícola","published_date":"2024-04-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/80750-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23359"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-02/23359-xunta-destaca-contribucion-da-empresa-eurored-sustentabilidade-do-sector-pesqueiro-e-acuicola https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.