A Xunta e o Concello de Oímbra asinan un convenio para mellorar o local social de San Cibrao, co fin de poñer en valor un espazo dinamizador para a veciñanza

Imagen del artículo A Xunta e o Concello de Oímbra asinan un convenio para mellorar o local social de San Cibrao, co fin de poñer en valor un espazo dinamizador para a veciñanza

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural levarase a cabo este proxecto, cun investimento de arredor de 48.000 euros, que permitirá levar a cabo unha actuación para a renovación de cubrición de tellado e a restauración de muros 
  • O obxectivo é a promoción e posta en valor dun espazo marcado polo seu significado social e cultural na contorna, polo que esta iniciativa favorecerá a mellora da calidade de vida da poboación que reside nesta parroquia e contribuirá á fixación de poboación

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2024

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de asinar un convenio co Concello de Oímbra para levar a cabo actuacións nesta localidade ourensá. As accións consistirán na renovación de cubrición de tellado e a restauración de muros do local social de San Cibrao, cun investimento de arredor de 48.000 euros, para favorecer a promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.

A edificación obxecto deste convenio precisa dun reacondicionamento das súas instalacións dada a antigüidade das mesmas. Por iso, sumado á súa relevancia para a veciñanza, levarase a cabo este proxecto que se desenvolverá dentro dunha visión apropiada á arquitectura da contorna para que o edificio ofreza unhas condicións adecuadas para desempeñar diferentes actividades nela.

O principal obxectivo destas actuacións é a procura da rendibilidade deste local social, que supón un valor patrimonial por ter un marcado significado sociocultural na contorna, co fin de destinalo a un uso público que satisfaga as necesidades da veciñanza para mellorar a calidade de vida da poboación que reside nesa parroquia e contribuír a fixar poboación no núcleo de San Cibrao.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no marco das súas competencias e dentro das súas accións estratéxicas, vén apoiando, mediante axudas directas a través de convenios diversas actuacións en espazos cuxas características son de especial relevancia para o desenvolvemento rural que os fan merecedores de apoio económico.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23344 {"title":"A Xunta e o Concello de Oímbra asinan un convenio para mellorar o local social de San Cibrao, co fin de poñer en valor un espazo dinamizador para a veciñanza","published_date":"2024-04-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773483\/240402_local_social_San_Cibrao_Oimbra.jpeg","id":"23344"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-02/23344-xunta-e-concello-oimbra-asinan-convenio-mellorar-local-social-san-cibrao-co-fin-poner-valor-espazo-dinamizador-vecinanza https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.