A Xunta destina 200.000 a axudas para que as asociacións sen ánimo de lucro promovan actividades de educación ambiental sobre o coidado dos ríos

  • Augas de Galicia multiplica por catro o investimento destinado a estes programas e ábreo á participación de todas as entidades interesadas
  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá
  • Poderán optar ás axudas todas as asociacións sen ánimo de lucro con domicilio en Galicia que teñan recollidos entre os seus fins a conservación da natureza
  • Serán actuacións subvencionables as relacionadas coa concienciación respecto do ciclo da auga, o seu uso sostible ou a conservación de ecosistemas acuáticos
  • Entre as actividades subvencionables están a edición de libros, guías, vídeos e contidos en redes sociais, así como á realización de xornadas e charlas formativas
  • As asociacións tamén poderán organizar saídas de campo, limpezas de residuos nos ríos e nas súas contornas ou actividades de revexetación ou de mellora dos hábitats

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2024

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de axudas a asociacións sen ánimo de lucro para promover actuacións de educación ambiental sobre a sustentabilidade dos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, cun orzamento de 200.000€.

O obxectivo é axudar ás asociacións a dar a coñecer o papel fundamental dos ríos e as súas implicacións ambientais, así como achegar prácticas e comportamentos que permitan aos cidadáns o mantemento e mellora dos cursos fluviais mediante  dinámicas que fomenten a participación cidadá.

A convocatoria para este ano multiplica por catro o investimento destinado aos programas de voluntariado ambiental, ademais de abrilos á concorrencia de todas as entidades interesadas.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240402/AnuncioO143-190324-0004_gl.html

Estas subvencións están dirixidas ás asociacións sen ánimo de lucro, que teñan recollidos entre os seus fins a conservación da natureza e a protección do medio ambiente, sempre que o seu domicilio e ámbito territorial estean en Galicia.

Entre as actuacións subvencionables, figuran as relacionadas coa concienciación respecto do ciclo da auga, o seu uso sostible ou a conservación de ecosistemas acuáticos. Para isto, as entidades poderán proceder á edición de libros, guías, vídeos e contidos en redes sociais, así como á realización de xornadas ou charlas formativas.

As asociacións tamén poderán organizar saídas de campo, limpezas de residuos nos ríos e nas súas contornas ou actividades de revexetación ou de mellora dos hábitats.

As actuacións propostas poderán desenvolverse nunha das catro zonas fluviais que conforman a Demarcación Galicia-Costa: Galicia Norte, Galicia Centro, Galicia Sur e A Mariña.

A Xunta, a través destas iniciativas, contribúe á preservación e mellora do medio ambiente e, en particular, dos ecosistemas acuáticos, previndo o deterioro do estado de todas as masas de auga co fin de acadar o seu bo estado ecolóxico.

Webinario de presentación das axudas

Augas de Galicia celebrará o vindeiro venres, día 5 de abril, un webinario destinado á presentación destas axudas convocadas hoxe a través do Diario Oficial de Galicia. O obxectivo é dar a coñecer a convocatoria e explicar os seus requirimentos, así como o modo para a presentación da documentación.

O webinario celebrarase entre as 11 e 12 horas do venres e para participar é necesario inscribirse a través da seguinte ligazón.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23343 {"title":"A Xunta destina 200.000 a axudas para que as asociacións sen ánimo de lucro promovan actividades de educación ambiental sobre o coidado dos ríos","published_date":"2024-04-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23343"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-02/23343-xunta-destina-200-000-axudas-as-asociacions-sen-animo-lucro-promovan-actividades-educacion-ambiental-coidado-dos-rios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.