A Xunta licita por 1 M€ as obras de acondicionamento das vías próximas ao enlace da autovía TUI-A Guarda coa A-55 en Tui

  • O obxectivo é mellorar as condicións das vías afectadas pola execución da nova conexión da autovía, en funcionamento desde o pasado mes de febreiro grazas a un investimento da Xunta de 26 M€
  • A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe a licitación, establecendo como prazo ata o vindeiro 29 de abril para que as empresas poidan presentar ofertas
  • Intervirase no treito da N-551 que discorre entre as interseccións do antigo enlace da autovía e que pasará a ser de titularidade autonómica, construíndo beirarrúas e reordenando o aparcadoiro

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2024

 A Xunta licitou hoxe por importe de 1.023.591 euros as obras de acondicionamento das vías situadas na contorna do enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de Areas, en Tui.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación destes traballos, que teñen como obxectivo realizar adaptacións do viario á nova configuración da circulación tras a execución da conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de  Areas, en funcionamento desde o pasado mes de febreiro tras un investimento autonómico de 26 M€.

As empresas interesadas neste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 29 de abril.

En concreto, o contrato licitado hoxe inclúe intervencións nun treito da N-551 que pasa a ser autonómico, na autovía A-55 e en viarios municipais do polígono de Areas e da súa contorna que resultaron afectados pola execución das obras da autovía.

Máis en detalle, as intervención de acondicionamento do treito da estrada N-551 entre as interseccións do antigo enlace, que pasa a ser autonómico como parte da PO-552, incluirán a adaptación da sección transversal, con eliminación do carril central que quedou sen uso, a construción de beirarrúas e a reordenación do aparcadoiro. Nos vaos peonís colocarase pavimento táctil.

Tamén se procederá á reposición do firme existente, á disposición dunha parada de autobús, á execución dunha nova rede de pluviais ou á mellora da rede de iluminación.

No caso das actuacións na A-55 estas centraranse na renovación do firme e na instalación de pantallas acústicas adicionais.

Prevense, ademais, outros remates como o acondicionamento das glorietas do polígono de Areas por onde se desviou o tráfico e melloras en distintos camiños municipais da contorna do polígono.

A previsión da Xunta é adxudicar as obras no mes de xuño e comezar a execución en xullo, cun prazo de execución de 6 meses.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23335 {"title":"A Xunta licita por 1 M€ as obras de acondicionamento das vías próximas ao enlace da autovía TUI-A Guarda coa A-55 en Tui","published_date":"2024-04-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23335"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-01/23335-xunta-licita-1-m-as-obras-acondicionamento-das-vias-proximas-ao-enlace-da-autovia-tui-guarda-coa-55-tui https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.