Os recursos de información e asesoramento xuvenil da Xunta atenderon a preto de 70.000 persoas mozas ao longo do ano 2023

  • Entre os novos servizos creados polo Goberno galego destaca a Oficina virtual de asesoramento e orientación para a mocidade
  • Nesta nova lexislatura ampliarase a rede de Espazos Xoves coa creación de seis novos centros e abriranse oficinas especializadas de información xuvenil

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2024

A Xunta de Galicia reforzou nos últimos anos os recursos de información e asesoramento xuvenil, co obxectivo de que a mocidade teña o mellor coñecemento posible dos programas, axudas e demais propostas para que poidan aproveitar estas oportunidades. A través destas ferramentas de información, incluído o impacto da comunidade dixital, chegouse a preto de 70.000 persoas mozas ao longo do ano 2023, dos cales uns 12.000 contactaron de xeito directo acudindo aos Espazos Xoves, Puntos de información ou aos correspondentes xuvenís.

Entre as novas ferramentas postas en marcha salienta a entrada en funcionamento na lexislatura que vén de rematar da Oficina virtual de asesoramento e orientación para a xuventude. Nese recurso os mozos poden acceder ás principais medidas que o Executivo autonómico ten á súa disposición en materia de educación, formación e emprego, igualdade, mobilidade, vivenda, información xuvenil, e ocio educativo e tempo libre. Os motivos máis frecuentes das solicitudes de información están relacionadas coa procura do primeiro emprego, programas de mobilidade europea, para a adquisición da primeira vivenda, sobre as axudas para o carné de conducir ou sobre o Carné Xove.

Outro recurso de información xuvenil é a rede de Espazos Xoves da Xunta de Galicia formada por 12 centros repartidos nas catro provincias. Estes equipamentos son, ademais de puntos de información, centros abertos á mocidade para a participación en actividades lúdicas e de educación non formal, ou ben simplemente para pasar o tempo con amizades.

Achegar a información aos centros educativos

A Consellería de Política Social e Xuventude tamén achega directamente a información aos centros educativos. Neste sentido, destaca o programa de Correspondentes de información xuvenil, que desde a súa posta en marcha no curso 2013-2014 contou coa participación de máis de 7.000 estudantes, encargados de transmitir a información aos seus propios compañeiros nos institutos e facultades. A este mesmo obxectivo responden os Puntos itinerantes de información xuvenil, que tamén chegan aos sete campus universitarios, Centros Integrados de Formación Profesional e institutos da comunidade.

As próximas actuacións do Goberno galego para seguir reforzando a difusión da información xuvenil e favorecer a participación activa da xente moza serán a ampliación nesta lexislatura da rede de Espazos Xoves coa creación de seis novos centros en Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra e Vigo. Así mesmo, crearanse Oficinas especializadas de información xuvenil, que funcionarán como 'ventá única' para solicitar información ou consultar dúbidas sobre os diferentes recursos en educación, vivenda, emprego, formación, etc.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23322 {"title":"Os recursos de información e asesoramento xuvenil da Xunta atenderon a preto de 70.000 persoas mozas ao longo do ano 2023","published_date":"2024-03-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23322"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-31/23322-os-recursos-informacion-e-asesoramento-xuvenil-da-xunta-atenderon-preto-70-000-persoas-mozas-ao-longo-do-ano-2023 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.