A Xunta lembra que as familias poden solicitar praza nas súas escolas infantís ata o vindeiro día 5 de abril

  • Ofértanse 10.500 prazas de 0 a 3 anos nos centros de titularidade autonómica para o curso 2024-2025, que comezará o 6 de setembro
  • Como novidade, este ano as familias cuxos proxenitores traballen terán máis puntuación á hora de acceder ás escolas
  • A atención educativa volverá ser gratuíta para o 100% do alumnado e en todos os centros da comunidade, con independencia da súa titularidade

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2024

A Xunta de Galicia mantén aberto o prazo ata o 5 de abril para solicitar praza nas súas escolas infantís de cara ao vindeiro curso 2024-2025. Ofértanse arredor de 10.500 prazas de 0 a 3 anos distribuídas entre os centros da Axencia Galega de Servizos Sociais (Agass) e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O novo curso comezará o vindeiro día 6 de setembro.

As solicitudes poderán remitirse de xeito electrónico a través da sede da Xunta de Galicia ou acudindo de xeito presencial a calquera dos rexistros oficiais. Este ano, como novidade, as familias cuxos proxenitores traballen terán máis puntuación á hora de acceder ás escolas. Desta forma, terán máis facilidades para atender ás súas necesidades de conciliación.

O vindeiro curso será o terceiro no que a atención educativa será 100% gratuíta para todos os nenos e en todas as escolas infantís da comunidade, con independencia da súa titularidade. O Goberno galego inviste 60 millóns de euros este ano na gratuidade, da que se poden beneficiar unhas 32.000 familias e para as que esta medida supón un aforro medio de 3.000 euros por curso.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23315 {"title":"A Xunta lembra que as familias poden solicitar praza nas súas escolas infantís ata o vindeiro día 5 de abril","published_date":"2024-03-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23315"} galicia C. de Política Social e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-30/23315-xunta-lembra-as-familias-poden-solicitar-praza-nas-suas-escolas-infantis-ata-vindeiro-dia-5-abril https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.