Máis de 60 obradoiros celebran os Días Europeos da Artesanía achegando os seus oficios á sociedade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, coordina o programa na Comunidade e colabora con diferentes actividades nas catro provincias, entre as que se inclúen demostracións en vivo, visitas guiadas, talleres e xornadas de portas abertas

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2023

Galicia súmase aos Días Europeos da Artesanía, que se celebran do 2 ao 7 de abril, a través de actividades de divulgación dos oficios artesanais impulsados por máis de 60 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia e outras entidades asociativas e centros de divulgación da artesanía. A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, é a encargada de coordinar o programa de actividades na Comunidade, no que se inclúen demostracións en vivo, visitas guiadas, talleres e xornadas de portas abertas para todos os públicos.

Ademais, a Fundación Artesanía de Galicia colabora con diferentes iniciativas na Coruña, Vigo, Ourense, Santiago de Compostela, Ponteceso, Muros, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Catoira, Cuntis, Mondoñedo, Niñodaguia e Xinzo de Limia.

Actividades nas catro provincias

Na provincia da Coruña, a Fundación Artesanía de Galicia colabora con cinco iniciativas de divulgación de oficios. En Santiago de Compostela, Creativas Galegas realizará diferentes talleres entre o 2 e o 7 de abril de iniciación ao coiro, ao bordado e ao esmaltado en xoiería, ademais dos seus habituais Escaparates viventes nos que se farán demostracións de oficios como a xoiería, o téxtil, a marroquinería, a calceta e o manipulado de papel. Nesta actividade participan os obradoiros artesanais Dona Formiguinha, Nobelo a nobelo, La con agarimo, Asuntos imaxinarios, Soledad Mato, DRositas, Boro e Mocao Artesanía. Tamén na capital galega, diferentes obradoiros da Rúa de San Pedro abrirán as portas dos seus espazos creativos. Serán El Taller de Fer, Brigantia Orfebres e Noga Arts (2 de abril). Serán os días 5 e 6 de abril de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:30h e o domingo 7 en horario de 10:00 a 14:30 horas.

Na Coruña, apóiase a iniciativa Oficios en acción, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns o sábado 6 de abril no Centro Ágora. Ofreceranse demostracións de oficios como a xoiería ou a talla en vidro a cargo de A Feitura e Corman, e talleres con inscrición previa en actividades coma o tecido, a xoiería, a impresión téxtil, a bixutería, o manipulado de papel, a marroquinería, a elaboración de complementos, a cerámica e a encadernación a cargos dos obradoiros Casperlota, Artesanía Nia, Mioco Diseños, Jatafarta, Lucecús, Víctor Ares, Códice e Coiraxe.

En Ponteceso, tamén o 6 de abril, terá lugar un taller participativo a cargo de Artesanía Silvent na Fundación Eduardo Pondal, no que se amosarán as principais técnicas de remate de xogos e de xoguetes de madeira. Ese mesmo día, Artesanía de Galicia colabora con Artesanía na Aldea, consistente en diferentes obradoiros participativos de cerámica e de manipulado de papel na Pobra do Caramiñal, Muros, Porto do Son e Rianxo impartidos por Raposiñas, Manuel Figueiras, Laura Ventoso e Pedras de papel. 

Na provincia de Lugo, colabórase coa Asociación Profesional Os Muíños de Mondoñedo nun programa de demostracións participativas e coloquios en centros rurais e institutos, que terán lugar entre o 2 e o 7 de abril, a cargo dos obradoiros Esquina Atlántica, Estudio Estampa, Artesanía do Pasatempo, Fernando Vilariño, Ton Arenas e Eiva.

Na provincia de Ourense a Fundación Artesanía de Galicia colabora con tres iniciativas. A Asociación de Artesáns de Ourense organiza do 2 ao 7 de abril diferentes talleres no casco histórico de Ourense a cargo dos artesáns María Aba, Olería do Batán, Arte 3, Luciérnaga Coiro e Mario López. O sábado 6 abril, colabórase coa IV Fornada Tradicional de Niñodaguia nos antigos fornos de pedra, impulsada polo Museo de Alfarería de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo). E entre os días 2 e 5 de abril colabórase co IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia para achegarlle ao alumnado do centro os oficios da cestería e da olería a cargo dos artesáns Julia de la Cal, Agustín Vazquez Ferreiro e María Jesús Labrador Sequeiros.

Na provincia de Pontevedra a Xunta apoia tres iniciativas de divulgación da artesanía. Os días 6 e 7 de abril, organízanse talleres participativos no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, a cargo dos obradoiros artesanais Como pez en el agua, Peixesapop, Carlos San Claudio e Medialúa. En Catoira, a ceramista Mar Barral participa na iniciativa Artesanía na Aldea cun taller de cerámica para público infantil e en Cuntis, colabórase coa Fundación Terra Termarum Castrolandín que abre as portas do seu taller para amosar o seu traballo entre o 2 e o 6 de abril e para impartir tres obradoiros prácticos de cerámica castrexa para todos os públicos os días 4 e 6 de abril.

Na programación dos Días Europeos da Artesanía están previstas outras actividades de divulgación dos oficios artesanais impulsadas por obradoiros de Artesanía de Galicia e por outros colectivos. O programa completo e toda a información sobre o evento a nivel nacional pódese consultar na páxina web diasdelaartesania.es.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23313 {"title":"Máis de 60 obradoiros celebran os Días Europeos da Artesanía achegando os seus oficios á sociedade","published_date":"2024-03-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/80377-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23313"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-30/23313-mais-60-obradoiros-celebran-os-dias-europeos-da-artesania-achegando-os-seus-oficios-sociedade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.