A nova residencia de maiores da Xunta en Cerdedo cumpre un ano desde a chegada dos primeiros usuarios

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Preto de 50 persoas maiores viven e reciben coidados neste equipamento

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 29 de marzo de 2024

A nova residencia de Cerdedo posta en funcionamento pola Xunta de Galicia cumpre un ano desde que chegaran os seus primeiros usuarios. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá o centro, no que viven e reciben coidados especializados preto de 50 persoas maiores deste concello e dos municipios limítrofes.

Perfecto Rodríguez sinalou que a residencia funciona nestes momentos ao máximo da súa capacidade e que con ela o Goberno galego completa os servizos públicos destinados ás persoas maiores cos que conta Cerdedo-Cotobade, que tamén dispón dun centro de día e dun fogar residencial. Neste sentido, destacou o compromiso do Executivo autonómico por levar os coidados e atencións que necesitan as persoas maiores alí onde viven, xa sexa nunha cidade ou en concellos máis pequenos, menos poboados ou de carácter rural.

A Xunta de Galicia investiu dous millóns de euros na construción e no equipamento desta residencia de Cerdedo, dotándoa de todas as comodidades para os seus usuarios, con habitacións amplas, accesibles e con ventilación e iluminación natural. Así mesmo, todos os dormitorios dispoñen de aseo e ducha propia.

O centro divídese en tres áreas diferencias: unha zona para servizos de administración; outra residencial e unha terceira de atención especializada na que se encontran os servizos de rehabilitación. Ademais, os residentes desfrutan cando o tempo o permite dunha ampla zona axardinada exterior, na que poden descansar, facer actividades, pasear ou estar cos seus familiares.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23307 {"title":"A nova residencia de maiores da Xunta en Cerdedo cumpre un ano desde a chegada dos primeiros usuarios","published_date":"2024-03-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/80318-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23307"} galicia C. de Política Social e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-29/23307-nova-residencia-maiores-da-xunta-cerdedo-cumpre-ano-chegada-dos-primeiros-usuarios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.