A Xunta pon en valor o programa Primavera Xove como un dinamizador do tempo libre entre a mocidade

  • Ata 600 mozos con idades entre os 14 e os 30 poden participar nesta proposta que o Goberno galego desenvolve en seis instalacións xuvenís da comunidade durante os meses de marzo e abril

Bergondo (A Coruña), 28 de marzo de 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe ao grupo de mozos que participa do programa Primavera Xove esta Semana Santa no albergue xuvenil de Marina Española. Durante a visita puxo en valor o programa Primavera Xove como un dinamizador do tempo libre entre a mocidade.

Na edición deste ano de Primavera Xove, a Xunta oferta case 600 prazas para persoas entre os 14 e 30 anos durante os meses de marzo e abril en seis instalacións xuvenís da comunidade. Trátase de que a mocidade conte con alternativas de ocio educativo e saudable e que os pais teñan máis oportunidades para conciliar durante as fins de semana ou en períodos non lectivos como a Semana Santa.

O grupo de Marina Española desfruta dunha estadía de cinco días e dun amplo programa de actividades denominadas 'Aventura 3D'. Nel contémplanse actividades de: xogos láser e tiro con arco, impresión 3D, xincana cooperativa, arcos e máscaras ou visita a Sada.

Ademais de Marina Española, outros espazos nos que se desenvolve esta iniciativa son os albergues xuvenís da Devesa (Ribadeo), Lug II (Lugo) e Area (Viveiro); así como os campamentos xuvenís de Pontemaril (Forcarei) e As Sinas (Vilanova de Arousa).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23302 {"title":"A Xunta pon en valor o programa Primavera Xove como un dinamizador do tempo libre entre a mocidade","published_date":"2024-03-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23302"} galicia C. de Política Social e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-28/23302-xunta-pon-valor-programa-primavera-xove-como-dinamizador-do-tempo-libre-mocidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.