A Xunta convoca axudas por 1,63 M€ para impulsar proxectos de conservación e posta en valor dos 6 parques naturais de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de ata 12.000 € no caso de particulares, empresas e asociacións e de 40.000 € no dos concellos
  • Tras participar no izado da bandeira sendeiro azul na ruta da Aceveda, a primeira en lograr este distintivo na provincia de Ourense, subliña a importancia de apostar por iniciativas que contribúan a fomentar o uso público e sostible do patrimonio natural
  • Cunha extensión de 8 km, o itinerario discorre integramente polo Parque Natural do Invernadeiro, o único de titularidade 100 % pública que hai na Comunidade galega

Vilariño de Conso (Ourense), 27 de marzo de 2024

A Xunta convoca unha nova orde de axudas cun orzamento de 1,63 millóns de euros para financiar actuacións e proxectos que contribúan á posta en valor e conservación da biodiversidade e dos valores patrimoniais que albergan os seis parques naturais existentes en Galicia: Fragas do Eume, Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Monte Aloia, Serra da Enciña da Lastra, Baixa Limia-Serra do Xurés e O Invernadeiro.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, acompañada da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, visitou hoxe O Invernadeiro, onde anunciou que, a partir de mañá e ata o vindeiro 28 de abril, os interesados poderán presentar as súas solicitudes para optar a subvencións de ata 12.000 euros por proxecto no caso de que o promotor sexa unha persoa física ou xurídica, asociacións ambientais e comunidades de montes ou empresas e de, como máximo, 40.000 euros se o solicitante é un concello.

A responsable autonómica participou esta mañá no acto de izado da bandeira que acredita como sendeiro azul a ruta da Aceveda, localizada no corazón do Parque Natural do Invernadeiro, en Vilariño de Conso, e cunha extensión total de 8 quilómetros.

Ao respecto, explicou que foi a Xunta, como propietaria do 100% deste espazo natural, a que decidiu presentar a candidatura deste itinerario aos galardóns que convoca cada ano a Asociación de educación ambiental e do consumidor, para poñer en valor o papel das sendas e camiños peonís como un recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e turísticas ao aire libre e interpretar ambientalmente a contorna.

Tras subliñar que se trata do primeiro sendeiro azul declarado na provincia de Ourense e o primeiro tamén que discorre integramente por un parque natural galego, a vicepresidenta segunda en funcións lembrou que este ano Galicia se consolida como a comunidade española con máis rutas distinguidas, cun total de 49 das 128 concedidas no conxunto do país e unha rede de itinerarios azuis que suma xa 319,37 quilómetros.

Neste sentido, Ángeles Vázquez subliñou a importancia de apostar por iniciativas como esta, que supoñen un recoñecemento ao traballo a prol do uso público e sostible do patrimonio natural galego, un obxectivo no que enmarcou tamén a liña de axudas que desde hai anos convoca a Xunta para apoiar actuacións e proxectos tanto de iniciativa pública como privada nestes espazos naturais.

Ao respecto, explicou que, como principal novidade da orde deste ano, se poderán subvencionar tamén campañas de concienciación medioambiental e actividades informativas e de sensibilización relacionadas con calquera dos seis parques naturais.

Así mesmo e ao igual que en convocatorias anteriores, tamén serán subvencionables iniciativas destinadas á conservación e restauración da biodiversidade, especialmente as dirixidas a mitigar os efectos do cambio climático; á mellora da conectividade ecolóxicas da fauna e a flora; a recuperación de elementos históricos, patrimoniais ou culturais representativos e necesarios para o mantemento da súa paisaxe, e á creación ou mellora de infraestruturas para a xestión de usos recreativos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23292 {"title":"A Xunta convoca axudas por 1,63 M€ para impulsar proxectos de conservación e posta en valor dos 6 parques naturais de Galicia","published_date":"2024-03-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/80187-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23292"} galicia Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-27/23292-xunta-convoca-axudas-1-63-m-impulsar-proxectos-conservacion-e-posta-valor-dos-6-parques-naturais-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.