Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos de Galicia ao longo de todo o ano

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Resalta que cómpre "coidar e facer sostibles" os elementos que identifican  á comunidade porque o turismo "é unha parte moi importante da economía" e contribúe a facer "marca Galicia"
  • O sector turístico calcula que nalgunhas zonas podería superarse o 90 % de ocupación durante esta Semana Santa
  • A Xunta destina 24,4 M€ á rehabilitación dunha ducia de bens de interese cultural presentes nas diferentes rutas xacobeas no Plan Xacobeo Next Generation
  • A Casa Museo Valle Inclá é o primeiro no que se finalizan os traballos de rehabilitación
  • Salienta que se destinaron máis de 546.000 € a mellorar os servizos para os visitantes que se achegan a "coñecer mellor a Valle-Inclán e a época na que viviu"

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 27 de marzo de 2024

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a paisaxe, o patrimonio cultural ou a gastronomía son os principais atractivos turísticos de Galicia ao longo de todo ano que cómpre "coidar, mimar e seguir facendo sostibles". "O turismo é unha parte moi importante da economía" e contribúe a facer "marca Galicia", sinalou durante unha visita a Casa Museo Valle Inclán, que reabre as súas portas en Vilanova de Arousa tras un proceso de rehabilitación. 

Rueda salientou que Galicia segue a consolidarse como un destino turístico sostible que atrae cada vez a máis viaxeiros e durante todo o ano, non só nos meses de verán.  Tras acadar o récord de sete millóns de turistas aloxados durante 2023, a comunidade segue a rexistrar datos históricos neste 2024 con máis de 405.000 pernoctacións no mes de Entroido, o pasado febreiro, o dato máis alto dos últimos once anos e que axuda a avanzar na desestacionalización.

Ademais,  o presidente aludiu as boas previsións turísticas de Galicia para esta Semana Santa, onde o sector agarda unha ocupación de entre o 70 e o 80 % que podería mesmo superar o 90 % nalgunhas zonas como Santiago de Compostela, Ribeira Sacra ou Costa da Morte, entre outras. 

Rueda fixo fincapé no papel que o Camiño de Santiago ten á hora de atraer viaxeiros a  Galicia e na importancia de preservar os bens culturais que hai nas diferentes rutas. Nesta liña, a Xunta ten en marcha o Plan Xacobeo Next Generation que, entre outras iniciativas, destina 24,4 millóns de euros á rehabilitación e conservación de doce Bens de Interese Cultural (BIC) de titularidade pública que hai no Camiño. 

A Casa Museo Valle Inclán é o primeiro destes BIC que volve abrir as súas portas tras os traballos acometidos, aos que se destinaron 546.701 euros. Entre os traballos realizados na que fora a vivenda natal do escritor incluíronse melloras de eficiencia enerxética, de accesibilidade -ao habilitar un ascensor e unha rampla-, eliminación de humidades ou actuacións no xardín e a contorna do museo. 

Rueda resaltou a importancia de restaurar este inmoble que permite "coñecer un pouco máis a un magnífico literato coma Valle-Inclán e a época na que viviu". O presidente salientou que tras a reforma, a Casa Museo está "ben acondicionada, é acolledora e un plan perfecto para a xente que nos visita durante todo o ano".

Actuacións noutros BICs do Camiño

Ademais da casa do autor de Luces de Bohemia, estanse a facer melloras noutros once BICs que os peregrinos poden atopar ao facer a ruta xacobea. Trátase da Fortaleza de Monterrei (14,4 millóns de euros); actuacións nos arquipélagos de Sálvora e Ons (1,6 millóns en cada caso); o Parque do Pasatempo en Betanzos (1,5); na Ribeira Sacra (1,4); na Ribeira do Lérez (un millón); na Torre de Hércules da Coruña (995.000 €); no Cárcere Vello de Tui (550.000 €); nas Torres de Oeste de Catoira (300.000 €); no Castelo de Santa Cruz na Guarda (192.437 €) e no casco histórico de Mondoñedo (137.697 €).

Outras medidas do Plan Xacobeo Next Generation

O plan para promover o turismo vencellado ao Camiño de Santiago inclúe outras medidas, entre as que está consolidar Galicia como destino de clicloturismo, coa sinalización da ruta Eurovelo ou difundir a Ruta Xacobea Mar de Arousa e río Ulla, que tamén pasa por Vilanova de Arousa, mellorando pantaláns dos portos xacobeos, entre outras.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23288 {"title":"Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos de Galicia ao longo de todo o ano","published_date":"2024-03-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/80177-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23288"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-27/23288-rueda-destaca-patrimonio-cultural-paisaxe-e-gastronomia-como-principais-atractivos-turisticos-galicia-ao-longo-ano https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.