O DOG publica a convocatoria de 2024 das axudas para os programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores, dotadas con 339.000 euros

  • Esta liña de axudas vai dirixida a financiar actuacións de mellora e control da calidade e o orixe relacionadas coa implantación e desenvolvemento deste tipo de iniciativas para produtos agroalimentarios galegos con algún indicativo
  • Contribúen ao elevado nivel de rigorosidade no traballo dos consellos reguladores, fundamental para a reputación das nosas denominacións de orixe e indicacións xeográficas
  • O prazo de presentación de solicitudes desta liña de axudas é dun mes, contado a partir de mañá, día seguinte ao da súa publicación

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución mediante a cal se establecen as bases reguladoras da liña anual de axudas para os programas de mellora e control da calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentaria, cun orzamento de 339.000 euros.

 

Con estas subvencións para os consellos reguladores búscase financiar as actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación de calidade. Estas axudas contribuirán a que os consellos reguladores poidan manter o elevado nivel de rigorosidade necesario na realización das súas tarefas de control. Trátase dun rigor clave para a reputación das nosas denominacións de orixe e indicacións xeográficas.

 

Nesta liña, poderán ser obxecto destas axudas as actuacións encamiñadas a dito control. Tamén se terán en contra os estudos, as investigacións e o desenvolvemento de programas para a mellora da calidade dos produtos obxecto de protección ou os gastos relacionados coa acreditación do consello regulador como entidade certificadora e para o seu mantemento.

 

Ao mesmo tempo, serán subvencionables os gastos operativos e retributivos orixinados pola participación do persoal do consello regulador no desenvolvemento e execución dos programas de calidade, incluídas as nóminas e os gastos de desprazamento, manutención e aloxamento destes traballadores.

 

O prazo de presentación de solicitudes desta liña de axudas é dun mes, contado a partir de mañá, día seguinte ao da súa publicación.

 

Ligazón á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240327/AnuncioG0528-150324-0001_gl.html

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23285 {"title":"O DOG publica a convocatoria de 2024 das axudas para os programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores, dotadas con 339.000 euros","published_date":"2024-03-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23285"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-27/23285-dog-publica-convocatoria-2024-das-axudas-os-programas-calidade-desenvolvidos-consellos-reguladores-dotadas-339-000-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.