A Xunta destina 279.000 euros en axudas para a incorporación de novos agricultores aos réximes de calidade

  • Estas achegas, de carácter anual, apostan por favorecer que os titulares de explotacións agrarias se incorporen aos réximes de calidade representados polas DO, as IXP ou a produción ecolóxica
  • O prazo para a presentación de solicitudes destas subvencións está aberto ata o 27 de maio e poderán beneficiarse os titulares de explotacións agropecuarias que se incorporasen a un indicativo de calidade, cumprindo a condición de agricultor activo

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución mediante a cal se establecen as bases reguladoras das axudas que buscan fomentar a incorporación de agricultores en réximes de calidade, cun orzamento de 279.000 euros.

 

Esta liña de achegas, de carácter anual, céntrase en impulsar que os titulares de explotacións agrarias se incorporen aos diferentes réximes de calidade que representan as denominacións de orixe, as indicacións xeográficas protexidas ou a produción ecolóxica. O seu obxectivo é cubrir nos primeiros anos os custes derivados desta incorporación.

 

Poderán ser beneficiarios os titulares de explotacións agropecuarias que se incorporasen a un determinado indicativo de calidade e que cumpran a condición de agricultor activo. No caso da produción ecolóxica, tamén poderán recibir axuda aqueles que xa tiveran actividade e que incorporen agora algunha nova orientación produtiva. Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade, así como a cota anual de participación

 

Na valoración dos expedientes, vanse primar aquelas solicitudes de agricultores que se incorporen por vez primeira ao réxime da agricultura ecolóxica ou que incorporen por primeira vez novas orientacións produtivas nese réxime de calidade. Tamén terán preferencia aqueles produtores que se incorporen por primeira vez a denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas rexistradas nos últimos anos, as persoas mozas incorporadas á actividade, os titulares de explotacións que se sitúen en zonas de montaña e as solicitudes presentadas por mulleres. Para estas axudas, o prazo de presentación de solicitudes remata o día 27 de maio.

 

Ligazón á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240327/AnuncioG0528-180324-0001_gl.html.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23282 {"title":"A Xunta destina 279.000 euros en axudas para a incorporación de novos agricultores aos réximes de calidade","published_date":"2024-03-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23282"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-27/23282-xunta-destina-279-000-euros-axudas-incorporacion-novos-agricultores-aos-reximes-calidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.