A Xunta destaca o papel do programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes tutelados

  • O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente

Pontevedra, 27 de marzo de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, puxo hoxe en valor a importancia que ten o programa Mentor para axudar na transición á vida adulta de xente moza tutelada pola Administración autonómica. Fíxoo durante unha visita unha das vivendas que a Xunta destina a adolescentes que se benefician desta iniciativa de inserción sociolaboral, na que participan cada ano case 700 mozos das catro provincias galegas.

 

O director xeral explicou que o obxectivo do programa Mentor é facilitar o mellor escenario posible para que os menores que están no sistema de protección poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente, facilitándolles as ferramentas que necesitan para a súa formación e emancipación unha vez que superan a maioría de idade.

 

En concreto, a través do Mentor ofrécese axuda, asesoramento e seguimento profesional a mozos de entre 16 e 21 anos que están baixo a responsabilidade da Xunta, un apoio que se pode estender ata os 25 anos nalgúns casos. Para levalo a cabo o Goberno galego ten a colaboración de entidades como Igaxes, que contan coa experiencia e os equipos de profesionais axeitados para o correcto funcionamento deste programa.

 

Galicia pioneira

O programa Mentor comezou a desenvolverse en Galicia hai máis de dúas décadas, converténdose nunha das primeiras en ofrecer aos menores tutelados esta proposta. Unha medida que foi imitada por outras comunidades autónomas e que mereceu o recoñecemento da Unión Europea en múltiples ocasións como exemplo de boas prácticas.

 

Ademais, no ano 2022 a Xunta impulsou o programa Mentor Rural para promover a empregabilidade destes mozos en concellos distintos ás principais áreas urbanas de Galicia, onde tradicionalmente se viña desenvolvendo o programa Mentor. Este é un proxecto piloto que se implantou nas provincias de Lugo e Ourense para promover a revitalización destas zonas xeográficas e a igualdade de oportunidades.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23279 {"title":"A Xunta destaca o papel do programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes tutelados","published_date":"2024-03-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23279"} galicia C. de Política Social e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-27/23279-xunta-destaca-papel-do-programa-mentor-na-formacion-e-emancipacion-adolescentes-tutelados https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.