A Xunta ofrece alternativas de ocio educativo durante a semana santa co programa Primavera Xove

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ata 600 mozos con idades entre os 14 e os 30 poden participar nesta proposta que o Goberno galego desenvolve en seis instalacións xuvenís da comunidade durante os meses de marzo e abril

Ribadeo (Lugo), 26 de marzo de 2024

Un grupo de xente moza desfruta esta semana de actividades de lecer educativo no campamento xuvenil A Devesa grazas ao programa Primavera Xove da Xunta de Galicia. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo durante esta mañá cos participantes nesta iniciativa que, ademais de supoñer unha alternativa de ocio para a mocidade, favorece a conciliación das familias.

En quendas de cinco días as mozas e mozas que se dan cita nesta proposta, que leva por nome 'Nature Devesa' levan acabo obradoiros de rastrexo e fototrampeo e de supervivencia no medio natural; fan roteiros en caiac polo río Eo con interpretación da súa riqueza natural; sesión de observación de estrela na praia das Catedrais ou espeleoloxía na cova do Rei Cintolo, entre outras actividades.

Na edición deste ano de Primavera Xove, a Xunta oferta case 600 prazas para persoas entre os 14 e 30 anos durante os meses de marzo e abril en seis instalacións xuvenís da comunidade. Trátase de que a mocidade conte con alternativas de ocio educativo e saudable e que os pais teñan máis oportunidades para conciliar durante as fins de semana ou en períodos non lectivos como a Semana Santa.

Ademais de na Devesa, outros espazos nos que se desenvolve esta iniciativa son os albergues xuvenís Mariña Española (Sada e Bergondo); Lug II (Lugo) e Area (Viveiro); así como os campamentos xuvenís de Pontemaril (Forcarei) e As Sinas (Vilanova de Arousa).

Cultura urbana

Por outra parte, a Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado colabora coas xornadas lúdicas de cultura urbana 'Ribadeo na rúa' que desenvolve o concello os días 25, 26 e 27 deste mes de marzo. A programación inclúe talleres de skate; exhibicións de Roller e BMX Flat Land; un espectáculo de Operas Break's, que combina a ópera, co break dance e a música DJ; obradoiros de graffiti, de estampado en camisetas ou tatuaxe un show de beatbox e a presentación do libro 'Somos Hip-Hop'.

Así mesmo, mañá mércores haberá unha carpa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para informar dos servizos e programas que se levan a cabo desde esta área.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23273 {"title":"A Xunta ofrece alternativas de ocio educativo durante a semana santa co programa Primavera Xove","published_date":"2024-03-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773462\/20240326+FotoDXXuventudePrimaveraXoveADevesa1.jpg","id":"23273"} galicia C. de Política Social e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-26/23273-xunta-ofrece-alternativas-ocio-educativo-semana-santa-co-programa-primavera-xove https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.