Fabiola García traslada o apoio da Xunta de Galicia ás familias numerosas ante o desprezo do Goberno central

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Destaca que a futura Lei de Familias estatal trata de erradicar o traballo e o consenso social acadado entorno a estas familias
  • Sinala que o Goberno galego seguirá apoiando a estas familias con medidas como a nova dedución fiscal no IRPF ou o novo título dixital que amplía a súa vixencia ata os 26 anos do fillo menor

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, mantivo esta mañá unha reunión cos presidentes da Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) e da Federación Española de Familias Numerosas onde lles trasladou o apoio da Xunta de Galicia ante o desprezo do Goberno central na futura Lei de familias. Segundo explicou, esta normativa trata de erradicar o traballo e o consenso social acadado coas familias numerosas ao longo dos anos ao eliminar o concepto do texto.

Fabiola García denunciou que o Goberno central non tivo en conta ás Comunidades Autónomas na elaboración desta normativa, pese a que invade competencias autonómicas. Así, lamentou que a Xunta teña que coñecer polos medios de comunicación o seu contido e non se teña en conta a súa opinión, pese a incorrer en erros como  obviar a un colectivo tan importante como o das familias numerosas.

A conselleira en funcións destacou que se trata dunha lei ideolóxica e decepcionante o non cumprir coas principais promesas realizadas polo Goberno central neste ámbito. Neste sentido, sinalou que chama a atención o anuncio da gratuidade das escolas infantís só para as familias monoparentais e só durante catro meses. Unha medida que xa se vén aplicando en Galicia desde hai dous cursos para todas as familias e durante toda a etapa de 0 a 3 anos. Ademais, sinalou que non parece que este anuncio vaia traer aparellados máis recursos xa que en 2024 o Goberno central ten renunciado a presentar Orzamentos Xerais do Estado.

Apoio ás familias numerosas

Pola súa banda, lembrou que o Goberno galego segue apoiando a todas as familias galegas, sexan da tipoloxía que sexan. En canto ás familias numerosas, apoia o seu proxecto con medidas como unha nova dedución fiscal no IRPF para as familias con dous ou máis fillos, que beneficiará tamén ás familias numerosas galegas xa na declaración da renda deste ano. A Xunta tamén as axuda na súa carga burocrática a través do novo título dixital que teñen a súa disposición na aplicación Xunta_Eu e que, ademais, agora estará vixente ata os 26 anos do fillo menor, o que evitará milleiros de renovacións de títulos cada ano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23266 {"title":"Fabiola García traslada o apoio da Xunta de Galicia ás familias numerosas ante o desprezo do Goberno central","published_date":"2024-03-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773462\/240326_Familia_05x.jpg","id":"23266"} galicia C. de Política Social e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-26/23266-fabiola-garcia-traslada-apoio-da-xunta-galicia-as-familias-numerosas-desprezo-do-goberno-central https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.